Ábrese o prazo para presentar solicitudes para participar no fondo libros e axudas de libros de texto e material escolar.
PRAZO: ata o 21 de xuño
DESTINATARIOS: alumnado matriculado no vindeiro curso dende 1ºEP ata 6ºEP. O alumnado que promocione á ESO deberá facer as xestións no instituto de destino.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Anexo I e Anexo II.
- Libro de familia. (Se houbo algún cambio)
- Sentenza xudicial e/ou convenio regulador da custodia. (Se non dispoñemos no centro da documentación)
- Certificado do grao de discapacidade cando NON fose expedido pola Xunta de Galicia.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Preferiblemente vía electrónica a través da SEDE ELECTRÓNICA ou da aplicación FONDOLIBROS.
Presencialmente no centro en formato papel.
HORARIO DE ATENCIÓN
De luns a venres de 10:40 a 11:30
OBRIGAS
Para poder participar no programa de axudas o alumnado que actualmente curse de 3º a 6º EP deberán devolver os libros do fondo. Data límite 21 de xuño.
Máis información aquí.
Orde do 7 de maio de 2024.