Skip to Content

blogue deTania

ADMISIÓN ALUMNADO

Quedan publicadas as listaxes definitivas para a admisión do alumnado para o curso 2022/2023 no taboleiro que hai dentro do recinto escolar. Lembrámoslle que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

 Vídeo promocional

 

 

PRAZO: 1-21 marzo

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  •  Anexo II:ED550B (poden coller e entregar o formulario na secretaría do centro ou facer o trámite a través da aplicación «admisiónalumando»)
  •  Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.
    (copia libro de familia)
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, agás en caso de divorcio ou separación, na que se require a sinatura dos dous titulares (excepto que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.)

 

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

        Mediante a presente, faise saber que despois das eleccións ao Consello Escolar que tiveron lugar o pasado martes 23 de novembro, os candidatos elixidos para cada sector foron os seguintes:

REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS:

  • Alicia Insua Ruibo
  • Vanessa Viquendi Fernández

REPRESENTANTE DE NAIS E PAIS PROPOSTO POLA ANPA:

  • Belén Azpilicueta Guembe

REPRESENTANTES DE PROFESORADO:

  • Alicia López Lago
  • Jacobo Trillo Prado

REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

  • Irene Castiñeira Blanco

REPRESENTANTE DO CONCELLO

  • Teresa Fernández Martínez

 

Ante esta disposición cabe reclamación ante Xefatura Territorial durante 15 días.

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

             Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.- Alicia Insua Ruibo

2.- Vanessa Viquendi Fernández

            Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.

            Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 ou por ser un deles proposto pola ANPA. As votacións no sector pais/nais serán o martes 23 de novembro de 16:15h a 18:00h.

            Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 15 ao 21 de novembro, ambos días inclusive.

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Estimadas familias:

Comunícolles saíu publicada no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/2022.

Non terán que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.

Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (Exercicio fiscal ano 2019).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A forma de presentación da solicitude será unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado/a o/a alumno/a, do 15 ao 26 de novembro de 2021. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/2022.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude unha copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

INSTRUCIÓNS E CALENDARIO DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Adxúntanse as instrucións e calendario sobre a renovación do Consello Escolar.

Para presentarse como candidato/a deberase cubrir o seguinte modelo e entregar na secretaría do centro. Preferiblemente a través do correo electrónico ceip.mar.fora@edu.xunta.gal

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral integrada por:

- A directora do Centro.

- Un profesor/a.

- Un pai/nai ou titor legal.

- Un representante de persoal de administración e servizos.

 

Os tres últimos serán designados por sorteo. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 27, mércores, ás 11:30 horas.

 

Recollida de axudas para libros e material

A continuación exponse o horario para recoller as axudas para adquisición de libros de texto (1º e 2º EP) e de material escolar (1º - 6º EP).

Luns 29

1º EP: 10:00 - 11:00

2º EP: 11:00 - 12:00

3º EP: 12:00 - 13:00

Martes 30

4º EP: 10:00 - 11:00

5º EP: 11:00 - 12:00

6º EP: 12:00 - 13:00

 

Recorden manter a distancia de seguridade e facer uso das máscaras de protección.

 

En relación ao sistema de préstamo do fondo libros, exporase no taboleiro do colexio o número de libros aos que terá dereito cada alumno/a. Máis adiante, nas listaxes definitivas, especificarase que libros recibe do fondo e cales se terán que mercar. 

 

LISTAXE DE LIBROS CURSO 2020/21

Adxúntaxe a listaxe dos libros para o curso 2020/21. Quedan pendentes de elección os libros de relixión católica para Educación Infantil que se exporán en canto se saiba.

Listaxe libros 2020/21

Distribuir contido


by Dr. Radut