Localización
O NOSO ENTORNO.
Enviado por arsenionunez o Lun, 15/01/2007 - 18:09O Noso Entorno
Pontevedra é unha cidade situada no estuario do río Lérez. Foi fundada, se facemos caso é lenda, por Teucro, un grego homérico, perdido polos mares despois da caída de Troya.Pero foi no século XII cando a cidade sería citada por primeira vez co nome latino: Pontus Viteri, en alusión a unha ponte que se construiu na beira surA paisaxe que circunda a cidade - a ría, o cauce do río e a montaña- é realmente paradisíaco. Pontevedra aparece ó fondo da ría que leva o seu nome, posúe unha grande riqueza arquitectónica, sobre todo no seu casco vello.A cidade de Pontevedra conta cunha poboación cercana ós 80.000 habitantes. O seu centro histórico é un dos maiores e mellor conservados de Galicia e desde 1951 conta coa consideración de conxunto histórico-artístico.As súas dimensións fana idónea para que a cidadanía goce dela. A isto hai que engadi-las facilidades que se lle dan ó visitante para que a percorra a pé, gracias ós proxectos de peatonalización que se están a levar a cabo.Un especial protagonismo ocupao o río Lérez, que aparece coma un elemento importantísimo que enriquece a paisaxe da cidade. O seu entorno estase a recuperar, posto que hoxe en día constitúe un importante lugar de esparcemento para o cidadán e pista de entrenamento para os futuros campións en piraguismo e remo. Actualmente Pontevedra é unha ciudade con un gran dinamismo comercial e cultural. Para máis información consultar http://www.concellopontevedra.es O C.E.I.P. MANUEL VIDAL PORTELA é un centro situado á beira do Río Lérez, nunha zona que está en fase de expansión. Na súa zona de influencia está proxectada unha gran urbanización no que eran os terreos de Tafisa, cunha importante dotación en equipamentos: destaca a futura facultade de Belas Artes.Comunícase coa outra banda do río por medio de dúas pontes (a Ponte de Santiago e a dos Tirantes) onde se atopan o Campus Universitario, tres I.E.S., dous centros de primaria, o pavillón de deportes, o campo de fútbol de Pasarón, o Pazo de Congresos e Exposicións, e o moderno Auditorio Municipal.