Blogue da Biblioteca

"Contacontos nenos e nenas de 6º"

Os nenos e nenas de 6º prepararon uns fermosos contos para os máis pequenos do cole. Nestes últimos días foron polas clases coas súas orixinais historias, a maioría creadas e ilustradas por eles mesmos.

¡¡¡Moitas Grazas a todas e todos!!! e Moita Sorte no voso camiño.

Clicade na imaxe para ver o vídeo destas xornadas:

 

Recomendacións lectoras Verán 2021

Xuño chegou e as vacacións de verán a puntiño están. Ben quentiñas aínda, aquí van as nosas recomendacións de lectura para acompañar aos vosos plans. Podemos ler na praia, na casa, no xardín, no parque, no monte...e sempre viaxar lonxe, moi lonxe, ata o espazo e máis alá, cun bo libro nas mans.

        

E antes de marchar de vacacións, en Bibliopiquín podedes ver o vídeo e a exposición creados para o "Día do Medio Ambiente", con carteis relacionados co Cambio Climático e que fan un bo resumo de todo o traballado este ano arredor do noso proxecto "Co Cambio todo Cambia".

Clicade no seguinte enlace e chegaredes axiña:

"Día Mundial do Medio Ambiente 2021"

Distribuir contido