NOVIDADES PARA O PRESENTE CURSO 2007-08

00/00/
Array

I.                 PLAN VALORA.

 

No presente curso o noso colexio foi seleccionado para desenvolver o proxecto presentado.

Está baseado no desenvolvemento sustentable e os problemas que se están a xenerar na sociedade actual derivados do consumo irracional producidos pola superproducción.

O proxecto,despois da súa elaboración, pasará por unha fase de execución (2º e 3º trimestre), na que se buscará a implicación da comunidade educativa, tanto para cooperar como para participar das actividades.

  

II.              ACTUALIZACIÓN DA PÁXINA WEB.

 

O PROXECTO DRUPAL é unha iniciativa da Consellería de Educación para que determinados colexios da Comunidade participen nel e actualicen as súas páxinas web, seguindo uns modelos preestablecidos que lle darán uniformidade sen restar iniciativa e orixinalidade o traballo feito desde os colexios.

Outros dos beneficios que nos ofrece é a posibilidade de que os profesores, alumnos e pais-nais participen, xa que teñen reservados varias seccións, nas que poden cargar as diferentes informacións nas que están a traballar ou que presentan como proxectos.

                                   III.                   BIBLIOTECA ESCOLAR. 

Esta é un dos proxectos que máis ilusión nos fai, xa que desde hai anos nos dispoñiamos dun espacio axeitado.

Neste segundo trimestres estamos a traballar na aula, reorganizando o espacio, actualizando e incrementando os  número de volúmenes. Ase mesmo, disporase de acceso a Internet desde dous ordenadores.

Cando esté preparada,  estará aberta tódolos días na hora de recreo e polas tardes.