Skip to Content

Blog de 1º Ciclo

Blog de 1º Ciclo

Xogando con taumatropos

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, á volta das vacacións, comezou a traballar para participar no programa do Proxecta Nós tamén creamos, co obxectivo último de ser quen de elaborar unha curta de animación sobre o libro Ravioli de David Hdez Sevillano & Anna Forlati.

Nesta primeira actividade de toma de contacto co sétimo arte, elaboramos uns taumatropos cos que estivemos xogando a facer animacións de imaxes de xeito moi divertido.

Oh Christmas tree

OH CHRISTMAS TREE!

O que máis nos gusta no noso cole é compartir tempo, espazo e actividades entre todos/as nós.

E os/as compis de 1º E.Primaria, adicaron un chisco do seu tempo aos peques de E.Infantil. Amosáronlles os seus Christmas trees e cantaron mellor que nunca “Oh Christmas tree”.

Have a MERRY CHRISTMAS and peaceful 2023!

 

Calendario de advento

O alumnado de 1º e 2º elaborarou nun traballo colaborativo, nas clases de educación plástica,  un calendario de advento  que, posteriormente, empregamos para facer a conta atrás dos días que faltan para a chegada do Nadal.

Para darlle un pouco de emoción, cada día, na Hora de ler, iamos ao calendario para facer a lectura do reto sorpresa dese día. Adiviñas, valores, ordes, xogos, bailes… foron varios dos retos que fomos superando día tras día.

Pasámolo xenial esperando a chegada do Nadal!!

O coelliño branco

O venres, 2 de decembro, no tempo da Hora de ler. o noso amigo Rafa contounos a historia de O coelliño branco, conto tradicional portugués que foi adaptado por Xosé Ballesteros, coa axuda de varios amigos e amigas de 1º e 2º de Ed. primaria.

Con el descubrimos o que é a coraxe, a valentía e a determinación e que o tamaño das persoas non fai que se sexa máis valente nin máis forte.

Exposición de froitos do outono

Ao longo do mes de novembro está dispoñible a exposición de froitos de outono que elabora o alumnado do noso centro coa axuda das súas familias organizada polo EDL do centro en colaboración co equipo de biblioteca..

Anímádevos a participar que aínda estades a tempo!!

A ciencia é divertida

Ao longo do mes da ciencia participamos na convocatoria que se fixo desde a biblioteca do cole e o EDL do centro baixo o lemma "Se tes paciencia experimenta coa ciencia" realizando diversos experimentos que aquí presentamos aos nosos compañeiros e compañeiras.

  • Galaxia de cores. Xogando coa tensión superficial do leite, co xabón e coas graxas do leite e do colorante, o alumnado comprobou como o xabón repelía unha e outra vez aos colorantes alimenticios por conter graxas na súa composición.
    Premendo na imaxe poderedes observar o resultado espectacular deste experimento que formou unha Galaxia de cores.

  • Pantasmiñas explosivas. Aproveitando a reacción dunha substancia ácida, como o vinagre, ante o bicarbonato sódico, conseguimos explosionar o interior das cabezas duns pequenos monstruos. Para que a reacción fose máis expectacular, mesturámoslle tamén colorantes de diferentes cores e xabón líquido. O resultado podédelo observar na galería de imaxes.

  • Como bos científicos e científicas que somos, ao remate de cada experimento redactamos o noso informe do observado no laboratorio de clase.

  • Idade auditiva. Con esta sinxela experiencia comprobamos a nosa idade auditiva, chegando á conclusión de que ao facernos maiores o sentido do oído perde eficacia, como se puido ver na diferencia entre os resultados do alumnado (todo perfecto) e o do titor (cunha perda auditiva bastante importante). Empregamos a seguinte ligazón para realizar a escoita auditiva.

  • Son superdegustador/a.  Para realizar este experimento tivemos que comer un anaco de dipper xl azul que tinguíu a nosa lingua de azul agás nas papilas gustativas que seguiron rosadas. Se contandes máis de 35 papilas en medio cm cadrado de lingua, é que sodes superdegustadores ou degustadoras.

 

 

 

Autumn is here!

Chegou autumn á aula de 1º E.P. O noso tree está cheo de squirrels que disfrutan do tempo outonal.

E nunha basket fixemos a recollida dos froitos da nosa árbore: nuts, chestnuts, hazelnuts, almonds, acorns and cashews. Como podedes ver, o noso tree é multifroital.

Foi un traballo laborioso,no que fixemos a cesta, os froitos de outono e colocamos cada debuxo co seu correspondente real.

E rematamos o traballo comendo, non hai mellor xeito de aprender.

Non vos asustedes, as acorns deixámolas para outros comensais!

Obradoiros de elaboración de receitas para o Día da alimentación

Para rematar o día 19 o noso alumnado imitou ás persoas que exercen de grandes CHEFS, recreando diferentes receitas nos obradoios de cociña que realizamos en todas as clases do cole para posteriormente degustalos entre todos e todas.

 Obradoiro do alumnado de 4º de Ed. Infantil

Obradoiro do alumnado de 5º EI

Obradoiro do alumnado de 1º de EP

Obradoiro do alumnado de 2º de EP

Obradoiro do alumnado de 3º de EP

 

Obradoiro do alumnado de 4º de EP

Obradoiro do alumnado de 5º de EP

Obradoiro de 6º de EP

Semana da prevención de incendios

O 18 de outubro o alumnado de 1º, 2º 3º e 4º de Ed. Primaria participou nas actividades que organizou o Concello na Semana de prevención de incendios.

Esta iniciativa tiña como obxectivo acercar o alumnado aos servicios de emerxencia dos que dispón o Concello co afán de inculcar unha conducta preventiva no comportamento diante de calquera  posible situación de emerxencia en xeral e, moi especialmente, no caso dos incendios no ámbito urbano.

Distribuir contido


by Dr. Radut