Saltar navegación

Introdución

Día do libro

O libro pode considerarse, sen dúbida, como unha das ferramentas máis marabillosas creadas polo home.

Permitiulle conservar e difundir a súa historia, facilitou o intercambio de información e permitiu desenvolver, de xeito moi importante, a comunicación entre as persoas.

Desde o século pasado celébrase o Día do libro para fomentar o gusto pola lectura e defender os dereitos de autor…

… pero sabedes a que se debe que se celebre ese día, e non outro?

... quen foi o artífice desta celebración?

... que é tradición regalar en dita data?

Neste traballo imos pescudar información sobre a vida e obra dun dos homenaxeados neste Día…

…queres saber quen é?

...anímate a realizar esta webquest e descubriralo!!!