Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de segundo e terceiro Ciclo de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Pescudar información sobre a figura de Gandhi.
  • Investigar sobre a orixe da celebración do Día da Paz.
  • Coñecer as aportacións de persoas e institucións  premiadas no Nobel da Paz.
  • Ser capaz de debater en público ideas propias.
  • Analizar frases celebres de premiados no Nobel da Paz.
  • Argumentar e fundamentar as ideas manifestadas.
  • Desenvolver a capacidade de diálogo cos compañeiros.
  • Ser quen de realizar pescudas de información en internet.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (cortar, pegar, descargar arquivos...).

Contidos

  • Vida e obra de Gandhi.
  • A India.
  • A orixe da celebración do Día da Paz e Non Violencia.
  • Premios Nobel da Paz.
  • Frases célebres de premiados nos Nobel.
  • Metodoloxía das Cazas do Tesouro.
  • O debate como método expositivo de ideas.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora.
  • Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Programas de edición de presentacións (Office, LibreOffice ou Google Presentacións). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado.
  • Organización do espazo: Traballaremos na aula de informática para a pescuda de información e na biblioteca para a resposta á "Gran pregunta". A cometa podémola construír na aula de plástica.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará individualmente a tarefa de pescuda da información ata completar o esquema/guión. En grupos de dúas persoas prepararán as ideas para debatir a "Gran pregunta" e as fichas sobre os premiados no Nobel da Paz. As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nos grupos de 2 persoas establecidos. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Recursos" da Caza do tesouro.
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, ciencias sociais, plástica e transversais "Educación para a Paz".

Temporalización

  • Catro ou cinco sesións dunha hora.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos no apartado de "Avaliación" da Caza do Tesouro.