ENTROIDO 2015!!!

Xa chegaron! A neve non impediu a D. Manoel e Dna. Xertrudis vir, coma todos os anos, pasar o entroido con nós. Estade atentos aos seus mandados todos os días se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!!!

LUNS 9:

Entroido entroideiro, o luns

todos e todas con sombreiro. 

MARTES 10:

O martes... elegantes imos chegar,

cun zapato de cada par.      

MÉRCORES 11:  

Gravata has de traer

se da nobreza queres parecer.

XOVES 12:

 Non teñas présa en te vestir,

á escola co pixama has de vir.

VENRES 13:  

Non importa o disfraz,

do que queiras, vestido  virás.               

Magosto 2014

O venres celebramos o magosto e o  VI CONCURSO DE DOCES ELABORADOS CON FROITOS DE OUTONO. Un día de festa con xogos tradicionais, castañas, doces....e... moita ilusión.

 PRIMEIRO PREMIO E MELLOR PRESENTACIÓN

Biscoito Bombón

Hugo Corral Ramos (6º E.I)

 SEGUNDO PREMIO

Biscoito de chocolate e cabaza

Elena González López (5º de Primaria)

 TERCEIRO PREMIO

Galletas choconoces

Lucía e María Méndez (3º e 6º de Primaria)

Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2014/2015

Pódense consultar aquí as listaxes de libros de textro para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2014-2015.

De momento só está disponible o listado para Educación Infantil e 2º, 4º e 6º de Primaria.

 CORREXIDOS ERROS NOS ISBN DOS LIBROS DE 2º. (LECTURAS E MATEMÁTICAS).

EDUCACIÓN INFANTIL

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

3º 
 

Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

Está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/15.

Para o alumnado de educación primaria e educación especial o prazo de solicitude é do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.

Requisitos:

  1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria origatoria ou educación especial, un centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
  2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde da convocatoria.

Unha vez presentadas as solicitudes poderán pasar a recoller os vales pola Secretaría do Centro ata o 2 de xullo.

Para máis información picar aquí.

Descargas de documentos:

Orde da convocatoria.

Impreso solicitude (Anexo I)

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/15

 

Publicadas as Listaxes Definitivas de amisión de alumnado para o curso 2014-15.

Para máis información deben pasar pola Secretaría do centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro, son as seguintes:

O alumnado admitido debe pasar polo centro para a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014-15.

Están publicadas as Listaxes Provisionais de amisión de alumnado para o curso 2014-15.

Ábrese un prazo de reclamación de cinco días hábiles dende o venres 25 de abril (inclusive), de non estar dacordo coa puntuación obtida.

Para máis información deben pasar pola Secretaría do centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro, son as seguintes:

Admisión de alumnado para o curso 2014/15

 

A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2014/15.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2014-15
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 24 de  marzo ao 3 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Até o 25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio
Formalización de matrícula en EI e EP  Do 20 ao 30 de xuño

 

Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Cacharelos

Onte recibimos a visita dos Cacharelos.

Ao principio algún pasou un pouco de medo, sobre todo os  máis pequenos, pero pasámolo moi ben e aprendemos moito.

Moitas grazas a todos, e en especial a Miguel, o Cacharelo máis novo.

Distribuir contido