ENTROIDO 2015!!!

Xa chegaron! A neve non impediu a D. Manoel e Dna. Xertrudis vir, coma todos os anos, pasar o entroido con nós. Estade atentos aos seus mandados todos os días se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!!!

LUNS 9:

Entroido entroideiro, o luns

todos e todas con sombreiro. 

MARTES 10:

O martes... elegantes imos chegar,

cun zapato de cada par.      

MÉRCORES 11:  

Gravata has de traer

se da nobreza queres parecer.

XOVES 12:

 Non teñas présa en te vestir,

á escola co pixama has de vir.

VENRES 13:  

Non importa o disfraz,

do que queiras, vestido  virás.