Admisión de alumnado para o curso 2022/2023

A partir do 1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2022/2023.

 Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022-2023
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 21 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 24 de marzo ao 6 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  22 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

ENTROIDO 2022

Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis.

Estade atentos aos seus mandados!

 

Esta semana de entroido imos viaxar no tempo e pasar por distintas épocas

traendo o que manden os mecos.

Comezamos:                                                     

LUNS 21:

 O luns á Prehistoria volvemos

e algo de cavernícola traemos.

MARTES 22:

 O martes somos hippies*

trae flores, cores, .... o que imaxines.

MÉRCORES 23:

O mércores soa o Rock & Roll*

todos de "rockeros"

no Manuel Rivero.

XOVES 24:

O xoves cara adiante seguro

e disfrazámonos do futuro.

VENRES 25:

O venres o gran día chegará,

todo o cole disfradazo virá.

 

FELIZ ENTROIDO!!!!

Premio Especial do Público para a Árbore de Nadal do CEIP Manuel Rivero

A Árbore de Nadal decorada polos alumnos e alumnas de Educación Infantil para o Centro Comercial Pontiñas acadou o Premido Especial do Público. Recolleron o premio os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil. Moitos parabéns a todos e todas e ás súas profes. Moitas grazas tamén a todos e todas as que nos votaron.

Nadal 2021

Un ano máis (e xa van dous) os alumnos e alumnas do noso centro queren compartir coas familias as súas representacións de Nadal de xeito virtual.

 

25 DE NOVEMBRO

O CEIP Manuel Rivero contra a violencia de xénero.

Publicada a orde que regula a distribución de máscaras entre o alumnado

 Publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218,  do 12 de novembro.

ALUMNADO BENEFICIARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude:

- Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un.

- Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web.

(Lémbrase que o horario de atención ao público é de 9:30h. a 13:30h.)

• Prazo:

Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO ESTE CURSO DA AXUDA DE MATERIAL NON TEN QUE FACER NADA, XA SE CONSIDERA ADMITIDO. 

-IMPRESO-SOLICITUDE

ORDE do 28 de outubro de 2021.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes  das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais), 2 do profesorado no Consello Escolar do centro e 1 do persoal de administración e servizos.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 16 ás 14:00 horas.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na secretaría do centro.

As votacións en todos os sectores terán lugar o martes 23 de novembro nos horarios establecidos.

Calendario escolar curso 2021/22

Benvidas e benvidos ao curso 2021/2022.

Distribuir contido