Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLARO Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral. Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais), 2 do profesorado no Consello Escolar do centro e 1 do persoal de administración e servizos. -Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 16 ás 14:00 horas. Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na secretaría do centro. As votacións en todos os sectores terán lugar o martes 23 de novembro nos horarios establecidos. |
|