Magosto 2010

Celebramos o magosto e a "III edición do Concurso de doces elaborados con froitos de outono".

Xogamos a xogos tradicionais, e despois... degustamos os doces que foron elaborados polas familias, ás que queremos agradecer a súa amable colaboración,  sen a  que non sería posible a celebración desta festa.

Noraboa a todas as mamás, papás, avoas, tías, etc., que, como cada ano, se empregaron a fondo! 

Gañadores do concurso:

 

1º PREMIO e MELLOR PRESENTACIÓN:

" Sacos de filloas recheas de crema de laranxa e limón"

Lucía Carballo Valladares. 1º de Primaria.

 

 2º PREMIOS:

- "Tarta de mazá con marmelada de pexegos"

Aurora Couto Vidal. E.I. 5 anos.

 

 

-"Superbrownni"

Brais García Pol. 6º de Primaria.

 

3º PREMIO:

"Torre de Estrelas"

Nacho Xesteira Diñeiro. E.I. 4 anos.

 

Día da ciencia en galego

Celebramos o Día da ciencia en galego con papaventos elaborados por nós.

Podedes ver as fotos na galería

 

SAMAÍN


 

Clica na imaxe. Que medo!!!! 

 

 

 

Atréveste a xogar coa bruxa?

Clica na imaxe.

BENVIDOS AO CURSO 2010-2011

INTERNET SIN RISCOS 

Internet_sin_riesgos

O CURSO 2009-2010 REMATOU

ESTAMOS DE VACACIÓNS

DESPEDIDAS

A promoción de Educación Infantil 2007-10 despídese da súa primeira mestra. Xa están "graduados".

Decímoslle adeus aos alumnos de 6º, que se van para o Instituto e desexámoslle que todo lles vaia moi ben.

Moitas felicidades a todos e ás súas mestras.

 

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas.

Durante toda a semana preparamos unha exposición sobre Uxío Novoneyra, poeta homenaxeado.

O venres tivo lugar na biblioteca un recital co que nos deleitaron os alumnos e alumnas de 6º con poemas do "Bardo do Courel".

Podedes ver as fotos da exposición e o video do recital no "Blog da Biblioteca"

  

          

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS E ALUMNAS ADMINTIDOS PARA O CURSO 2010/2011

Está exposta no taboleiro a lista definitiva de alumnas e alumnos admintidos para o 4º curso de Educación Infantil (3 anos), para o vindeiro curso 2010/2011.

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 de xuño ata o 30 de xuño.

DIA DAS LETRAS GALEGAS

UXÍO NOVONEYRA

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao poeta courelán Uxío Novoneyra.

Aquí tedes un video didáctico sobre a figura de Uxío Novoneyra elaborado polo CPI dos Dices (Rois) e o CEIP da Baña.

Podedes atopar máis información sobre o escritos na Wiki elaborada polos alumnos de 5º e 6º e no blog da biblioteca, "O noso recuncho".

Os traballos e os días de Uxío Novoneyra from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Distribuir contido