Magosto 2010

Celebramos o magosto e a "III edición do Concurso de doces elaborados con froitos de outono".

Xogamos a xogos tradicionais, e despois... degustamos os doces que foron elaborados polas familias, ás que queremos agradecer a súa amable colaboración,  sen a  que non sería posible a celebración desta festa.

Noraboa a todas as mamás, papás, avoas, tías, etc., que, como cada ano, se empregaron a fondo! 

Gañadores do concurso:

 

1º PREMIO e MELLOR PRESENTACIÓN:

" Sacos de filloas recheas de crema de laranxa e limón"

Lucía Carballo Valladares. 1º de Primaria.

 

 2º PREMIOS:

- "Tarta de mazá con marmelada de pexegos"

Aurora Couto Vidal. E.I. 5 anos.

 

 

-"Superbrownni"

Brais García Pol. 6º de Primaria.

 

3º PREMIO:

"Torre de Estrelas"

Nacho Xesteira Diñeiro. E.I. 4 anos.