Listaxe definitiva de admitidos e de reserva de usuarios de comedor escolar para o curso 2024/25.

Están publicadas  as listaxes definitivas de usuarios admitidos e de reserva para o servizo de comedor para o curso 2024/25. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Todos aqueles alumnos e alumnas admitidos deben cubrir o anexo II autodeclaración e entregalo na secretaría do centro durante a primeira semana do mes de setembro. Poden recollelo na secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace:

ANEXO II AUTODECLARACIÓN

Publicación das listaxes definitivas do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2024/25

Están publicadas as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros de texto. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.  

As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

Aos alumnos e alumnas que lles corresponderon libros do Fondo Solidario seranlles entregados no mes de setembro.

Libros de texto e material impreso para o curso 2024/2025.

Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e  material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2024/2025.

  • Os de 5º e 6º de Primaria só deben mercar os cadernos que constan no arquivo, entregaráselles en setembro o ordenador do programa E-DIXGAL.
  • Os libros do nivel de 3º EP e 4º de EP os que solicitaron o Fondo Solidario deben esperar a saber se lles corresponden algúns do Fondo Solidario para despois mercar os que lles falten.

  

EDUCACIÓN INFANTIL

 

4º (3 anos)

5º (4 anos)

6º (5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 1º

3º 
 5º

Novos números de teléfono.

Os novos números de teléfonos do centro son:

886159210 (Xeral e Secretaría)

886159211  (Dirección)

661302438 (Móbil)

 

 

Exhibición de medios en centro da Garda Civil

Esta mañá os alumnos e alumnas presenciaron na alameda unha exhibición de medios por parte da Garda Civil, actividade enmarcada dentro do Plan Director.

Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/25.

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2024.

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 29. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2024/2025

Están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2024/2025. 

Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR. 

Ábrese un prazo de reclamación de 5 días (ata o 3 de maio)

Admisión de alumnado para o curso 2024-25

A partir do 1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2024/2025.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo  Do 21 de marzo ao 11 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Reclamación ás listaxes provisionais  Do 26 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Distribuir contido