Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Libros de texto e material impreso para o curso 2023/24Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2023-2024.
Correxido erro nos ISBN dos libros de Relixión Católica en EI EDUCACIÓN INFANTIL
Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/24O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria. Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE. Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro. Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2023. Documentación: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
Artigo 29. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores. Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace. Documentos para descargar: Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/23Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2023/2024. Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro. Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES. Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
Os alumnos e alumnas que resultaron admitidos deben pasar pola secretaría do centro para formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño. Viaxe de fin de curso.Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria atópanse estes días en Madrid de viaxe de fin de curso. Pasádeo ben rapaces! Admisión de alumnado para o curso 2023/24A partir do 1 de marzo comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2023/2024. Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:
ENTROIDO 2023PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA XOGADEOs alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participaron hoxe na Final Provincial de campo a través do programa Xogade en Portas. Parabéns, rapaces e rapazas.
|
|