Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia.

O mércores 20 de maio ábrese o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto(3º e 4º de primaria),axudas para adquirir libros de texto(1º e2º de primaria e material escolar para toda Primaria.

O prazo remata o 19 de xuño.

Na páxina da xunta podedes cubrir a solicitude online en https://www.edu.xunta.es/fondolibros

no caso de que non a podades cubrir por este medio, podedes vir o Centro.O horario será de 9:30 a 13:00h de luns a venres.