Blogues
Día de Rosalía. Educación Infantil
Enviado por maria o Xov, 24/02/2022 - 08:0823 DE FEBREIRO
DÍA DE ROSALÍA
Son moitas as actividades que se fixeron no centro para homenaxear a Nosa escritora mais importante.
Recitamos poemas, Lemos CONTOS, pintamos a Rosalia....
Os nenos participaron no taller de pintura "NOS SOMOS ROSALÍA"
Bailamos TERRA. TANXUGUEIRAS
Enviado por maria o Mar, 22/02/2022 - 15:48Aquí está a interpretación de TERRA polo alumnado de 3°
TERRA, TANXUGUEIRAS
Enviado por maria o Mar, 22/02/2022 - 15:40Aquí está o alumnado de 3° interpretando o baile "TERRA".
Arriba TANXUGUEIRAS!!!
semana louca de entroido 2022
Enviado por maria o Mér, 16/02/2022 - 19:18xa esta aqui o entroido e con el a nosa semana louca
As fotos e imaxes están no blog de Tololeo.
Deixo enlace
http://tololeotrives.blogspot.com/ENTROIDO
11F. Día da Muller e a nena na ciencia
Enviado por maria o Mér, 16/02/2022 - 15:31RADIO PINGUEIRA
Blanca, Hugo, Uxia, Adrián, Aroa, Óscar e Bianca queren animar neste podcast a que todas as nenas participen noundo da ciencia e a tecnoloxía.
Foron varias as actividades que se levaron a cabo para festexar este día.
Contámos coa colaboracion deLidia unha exalumna que curso fisica e anima as nenas a facer carreiras relacionadas cas ciencias
O alumnado de infantil gozou dunha formada de experimentos.
Para ver as actividade pica na imaxe
23 de febreiro de 2022. Día de Rosalía
Enviado por maria o Lun, 14/02/2022 - 12:11O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta
RECURSOS
No portal da lingua Galega xa tedes a vosa disposición as unidades diácticas sobre Rosalía de Castro
Picade nas seguintes imaxes
Unidade didáctica para Educación Infantil
Unidades didácticas para primaria
Día de Rosalía ( UD e recurso Genially)
https://view.genial.ly/600556a94bfa890d0b18400c/presentation-dia-de-rosalia
https://view.genial.ly/60080b5c32457a0d0e7da3f3/game-rosalia-de-castro-3o-6o
Deixamos este interesante traballo elaborado polo EDLG do CEIP Luís Seoane de Canide-Oleiros (A Coruña) para conmemorar o 23 de febreiro
UD e díptico de "Cantares Gallegos"
UD e díptico de "Follas Novas"
Recopilación de actividades para conmemorar o día de Rosalía
11 de febreiro. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Enviado por maria o Mar, 08/02/2022 - 13:46Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
O 11 de febreiro é unha iniciativa ciudadá que ten como obxetivo promover a organización de actividades para conmemorar o 11 de febreiro, declarado pola ONU en 2015 como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Estas actividades están encaminadas a Visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM e coñecer os diferentes factores que afectan a situación actual da muller nestas áreas.
pica na imaxe para acceder aos materiais que ofrece esta organización
Aqui vos deixo mais informacion sobre as nosas cientificas galegas, so tedes que picar no enlace.
GENEALLY FEITO POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA "A FRAGA DOS SOÑOS" DO CEIP FERMÍN BOUZA BREY.
Radio Pingueira. Día da candelaria
Enviado por maria o Mar, 08/02/2022 - 13:14O día 2 de febreiro o alumnado de 6º estivo en Radio Pingueira para falarnos sobre o Día da Candeloria e dixeronnos uns refráns sobre o dia que non coñeciamos.
2 de febreiro: Día da Candelaria
Enviado por maria o Mar, 01/02/2022 - 16:57
O 2 de febreiro é o día da candelaria ou candeloira a "festa das candeas" que coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria medio inverno fora), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
AQUI VOS DEIXAMOS VIDEOS, DITOS, REFRÁNS, CANTIGAS E VARIOS RECURSOS SOBRE ESTE DÍA.
https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/candeloria/
CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR 2022
Enviado por maria o Mar, 01/02/2022 - 16:51O proxecto “Calendario Científico Escolar 2022” consistiu na elaboración dun calendario dirixido ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. Cada día recolleuse un aniversario científico ou tecnolóxico como, por exemplo, nacementos de persoas destes ámbitos ou conmemoracións de achados destacables.
Pica na imaxe para ver o calendario
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »