Este curso un dos obxectivos do noso equipo de biblio é facer a nosa biblioteca de centro máis atractiva e accesible para todo o alumnado. Unha das accións levadas a cabo para acadar este obxectivo foi a da creación da pequeteca na planta baixa do centro.
Como vedes, está sendo todo un éxito entre os máis peques do cole!
Este ano, para conmemorar do Día Escolar da Non Violencia e da Paz eliximos a canción Mi mochila es de la paz de Unai Quirós. Analizamos e traballamos a súa letra a nivel de aula e realizamos diferentes traballos plásticos como os nosos corazóns pola paz. Finalmente, realizamos un breve acto a nivel de centro no que participaron todos os grupos, dende os máis pequeños aos maiores do cole.
Deixamos a continuación unhas imaxes que resumen o noso día da Paz.
Este curso para a celebración do Samaín o alumnado realizou diferentes manualidades e asistiu a un obradoiro de alimentación terrorífica. Tamén desfrutamos dunha pequena obra de teatro e do túnel do terror.
Deixamos uns pequenos vídeos resumo:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer