Un ano máis celebramos o Entroido por todo o alto. Nin sequera o mal tempo foi quen de pararnos.
Comezamos o día desfilando polo barrio para voltar ao cole a seguir coa festa. Toro mecánico, saltarín, pin-pon, obradoiro de tatuaxes, circuito de "Kars", bicicletas e patinetes, e moita música. Grazas ao Concello de Ourense por traernos unha batucada ao cole.
Tamén houbo tempo para degustar un chocolate quentiño cun anaco de bica.
Xa estamos a pensar no próximo Entroido!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer