1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

LUUUME!

LUUUME! de Andrea Freire

Despois duns días intensos con contacontos moi especiais na BiblioAcuña, pechamos a semana dedicada ao Día do Libro con outra contacontos de altura: Andrea Freire, escritora ourensana de literatura infantil, agasallounos a todos contándonos a súa obra (un album ilustrado) LUUUME!

LUUUME! é unha fermosa historia na que o protagonista, un pequeno misto que sempre está enfadado, aprenderá a xestionar a frustración.

Despois de escoitar a historia os máis cativos tiveron a ocasión de crear coa autora o seu misto. Que chulo lles quedou!!!

Podedes ver as imaxes premendo aquí.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer