O A. N. P. A. Manuel Luis Acuña asociación sen ánimo de lucro de pais, nais e titores do alumnado matriculado no noso colexio que ten como obxectivo contribuír e colaborar no crecemento dos nosos nen@s durante a súa etapa no centro. Co obxecto de resaltar a importancia de pertencer a esta asociación, ofrecémosvos algunhas das razóns
·Porque educar os nosos fillos e fillas, é a nosa responsabilidade
·Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar o ensino público
·Porque un movemento de pais e nais agrupados, fai que as súas iniciativas e peticións sexan vistos con maior respecto, polas administracións públicas, etc
·Porque si as nais e os pais non somos capaces de motivarnos para traballar pola educación dos nosos fillos e fillas…Por quen o faremos? Quen o vai facer por nos?
·Porque si os pais e nais non somos activos e participativos, como lle imos explicar ós nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nesta sociedade?
Un saúdo
Atentamente,
A Dirección do A. N. P. A.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer