PARA PAIS E NAIS

¿CÓMO AXUDAMOS AOS NOSOS FILLOS E FILLAS A TER UN BO RENDEMENTO ESCOLAR?

CONDICIÓNS DO SEU LUGAR DE ESTUDO:

Será un espacio,  habitación ou lugar exclusivo para o estudo.

Debe ser o máis cómodo posible para poder concentrarse mellor, lugar silencioso.

 Unha mesa e cadeira adecuada e cómoda para o estudo e poder organizar as súas cousas.

 Habitación recollida e organizada, ventilada, con boa iluminación (preferentemente natural ou foco centrado na mesa se é posible de cor azul) e temperatura agradable (18-22 graos)

Retirar os distractores: T.V, xoguetes, video xogos… (para isto hai outros momentos). 

CREANDO HÁBITOS DE ESTUDO:

O noso fillo/a debe establecer unha rutina e planificar un horario de estudo.

Organizar o día a día, buscando cumplir coas tarefas propostas, permitirá que poida realizar as distintas actividades: divertirse, compartir tempo con familia e amigos/as, realizar as súas aficións, estudar, etc.

Que o neno/a confeccione un horario, xa que cunha boa planificación debería ter tempo para todo.

Os tempos de estudo non deberían exceder os 90 minutos xa que provocará unha merma no seu nivel de concentración e non estaría aproveitando o tempo de maneira óptima. Despois destes 90 minutos descansar durante 15-20 minutos e/ou cambiar de temática de estudo ou actividade.

Débese descansar uns 30 minutos despois de comer para poder comenzar coas súas horas de estudo.

É importante que se se fai un horario, se esmere en cumplilo.