RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias.

A Consellería de Educación publicou recentemente a normativa para a renovación dos membros dos Consellos Escolares, como se vos comunicou con anterioridade. Se clicades AQUÍ poderedes ver a convocatoria, a cal tamén está exposta no taboleiro de anuncios do edificio administrativo.

Clicando AQUÍ, poderedes acceder á normativa vixente sobre Consellos Escolares, a cal relaciono a continuación:

  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e polo Decreto 324/ 1996.
  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (Artigos 36º - 45º).
  • Orde do 21 de Outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.
  • Circular nº 1/98, do 2 setembro, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos
  • Circular nº 18/00 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se completa a circular nº 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos.
  • Resolución do 20 de Setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público.

Este ano, o Consello Escolar do CEIPP A Magdalena debe renovar:

  • 3 representantes de mestres/as.
  • 2 representantes de pais/nais.

Coa finalidade de aclarar o procedemento, e como presidenta da Xunta Electoral, indicar o seguinte:

  • Os representantes dos mestres/as serán elixidos polo claustro do centro.
  • Os representantes dos pais/nais serán elixidos por eles mesmos, podendo votar ambos proxenitores e podendo ser tamén, ambos, candidatos.

Clicando AQUÍ poderedes acceder ao calendario de actuacións/temporalización do proceso, na cal se relacionan todas accións a levar a cabo e en que datas. En calquera caso, resúmese a continuación:

  • O censo electoral atópase exposto no taboleiro de anuncios do edificio administrativo. De non aparecer no mesmo, pódese facer reclamación ao respecto entre os días 10 e 17 de Novembro, ambos incluídos. De non aparecer no censo, non se poderá exercer o dereito ao voto.
  • Para poder ser elixido/a como membro do Consello Escolar débese presentar candidatura ante a Xunta Electoral, entre os días 10 e 17 de Novembro, ambos incluídos. Pódese descargar o impreso de presentación de candidatura AQUÍ ou recollelo no centro, e en calquera caso será presentado perante a presidenta da Xunta Electoral.
  • O 21 de Novembro, a Xunta Electoral proclamará as candidaturas, aprobaranse definitivamente os censos de ser o caso que houbera reclamacións e comezarán as campañas electorais. Tamén se realizará mediante sorteo público, a designación dos membros integrantes da mesa electoral de pais/nais; que estará composta pola presidenta da Xunta Electoral e 4 pais/nais. Acto seguido daráselles comunicación aos elixidos/as e convocaranse para a devandita mesa electoral.
  • O día 28 de Novembro levaranse a cabo as distintas votacións.
  • Finalmente, o novo consello Escolar, constituirase o 12 de Decembro.

Como presidenta da Xunta Electoral, anímovos a que presentedes a vosa candidatura e, de igual maneira insisto na importancia de participar nas votacións para elixir aos vosos representantes.

 

Quedo á vosa disposición ante calquera dúbida que poida xurdir ao respecto deste procedemento.

  

Un saúdo.

 

Eva M Blanco Bermúdez

Presidenta da Xunta Electoral

AdxuntoTamaño
Convocatoria familias.pdf87.59 KB
06_Escolma lexislación consellos escolares.pdf869.89 KB
05_Temporalización das accións.pdf51.07 KB
04_Modelo presentación Candidaturas pais_nais.pdf56.46 KB