INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O DÍA 8 DE SETEMBRO

Ola de novo familia! Benvidos ao curso 2022/2023!

O vindeiro día 8 comezamos a nosa actividade lectiva en horario completo e con todos os servizos complementarios en funcionamento, polo que ese día, xa contaremos con transporte e comedor nas condicións habituais.

Recordarvos, iso si, que pese a que no centro xa non o é, segue estando vixente a obrigatoriedade de emprego de máscara durante o servizo de transporte escolar para os maiores de 6 anos.

Aínda así, e á vista do estado actual respecto da situación sanitaria derivada da COVID-19 comezamos o curso cunha nova normalidade, polo que abandoamos as saídas e entradas escalonadas, agás no caso de Educación Infantil.

Aquí vos deixamos un plano sobre como, cando e por onde se realizarán as entradas e saídas. Pregamos respetedes estas indicacións, en vistas ao bo funcionamento das mesmas.

Podedes ver/descargar esta imaxe se clicades AQUÍ.

Sabemos que moitos alumnos e alumnas acudirán ao centro o primeiro día con grande cantidade de material, o cal pesará moito. En tal caso, os alumnos deberán acceder ao recinto con normalidade e, os seus acompañantes poden ser os que acheguen ditos materiais ás súas correspondentes portas de entrada (non ás aulas), pero unha vez que todo o alumnado estea no interior dos edificios, ás 09:45 aproximadamente.

Este material terá que vir dentro dunha bolsa ou similar na que por fóra se entenda con claridade a quen pertenece e de que clase é. Os conserxes recibirán estes paquetes e encargaranse de facelos chegar ás aulas correspondentes.

Ante calquera dúbida quedamos á vosa disposición a través dos medios de comunicación habituais.

Bo comezo de curso!

AdxuntoTamaño
Plano entradas 08.09.22.pdf250.03 KB