APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022 - 2023

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

 

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 3 AO 21 DE MARZO.

PRÉGASE PIDAN CITA PREVIA PARA ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN (teléfono: 881930039).

 

SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude cumprimentado e asinado debidamente (modelo ED550B) podes descargalo aquípedilo no centro ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia completo.

2. Certificado de matrícula (en caso de vir de cursar estudos noutro centro educativo). O alumnado de guardería non ten que presentar ningún certificado.

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné.

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- A solicitude deberá ser asinada preferentemente polos dous titulares da patria potestade. Será preciso obligatoriamente a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestade lle fose atribuída a un deles exclusivamente).

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que existra máis demanda que oferta d epostos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintesao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

 

NORMATIVA

O procedemento de admisión do alumnado para o Curso 2022-2023 vén regulado na seguinte normativa:

- Decreto 13/2022 do 3 de febreiropolo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro de 2012), que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

ORDE do 18 de decembro de 2020pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

AdxuntoTamaño
Admision alumnado 2022-23.pdf1.31 MB