INSCRICIÓN CAMPAMENTOS DE NADAL. CONCELLO DE AS PONTES

Desde o departamento de Benestar Social, informámosvos de que o Concello das Pontes abre hoxe o prazo de incrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal, de conciliación familiar, 2021-2022, unha iniciativa da Concellería de Igualdade que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións de Nadal.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello, previa cita nos números de teléfono 667 12 93 89/667 12 93 80, en horario de 08:30 a 13:30 horas, no rexistro municipal, desde o 19 de novembro ao 10 de decembro.
Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica: http://sede.aspontes.com/es/index.html, comezando o prazo o día 19 de novembro ás 00.00 e rematando o prazo o 10 de decembro ás 23.59 horas.

Un saúdo Lorena Tenreiro Blanco Concelleira de Organización Interna e Medios Locais