Axudas para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria
AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.
O alumnado destinatario será o alumnado matriculado en Educación Primaria
a) NON ten que presentar solicitude
- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.
b) SI ten que presentar solicitude
- O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
- Alumnado matriculado en Educación Especial.
- Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
As solicitudes presentaranse de únicamente de forma presencial no centro, do 15 ao 26 de novembro de 2021.
Podedes descargar aquí a solicitude
Documentación complementaria que hai que entregar coa solicitude:
- Anexo I e II.
- Copia do libro de familia, onde figure o alumno ou alumna e os membros computables da unidade familiar. Tamén se pode acreditar o número de membros computables da unidade familiar presentando un Certificado de convivencia ou informe dos servicios sociais.
- Certificado do grao de discapacidade.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I e II.pdf | 246.46 KB |