RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2021

Estimadas familias.

 A Consellería de Educación publicou recentemente a normativa para a renovación dos membros dos Consellos Escolares, como se vos comunicou con anterioridade.

 Clicando nas seguintes ligazóns podedes ver a normativa vixente ao respecto:

  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e polo Decreto 324/ 1996.
  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (Artigos 36º - 45º).
  • Orde do 21 de Outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.
  • Resolución do 20 de Setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público. CONVOCATORIA

Este ano, o Consello Escolar do CEIPP A Magdalena debe renovar:

  • 2 representantes de mestres/as.
  • 3 representantes de pais/nais (un destes será designado directamente pola ANPA segundo a normativa).
  • 1 representante do persoal de administración e servizos.
  • 1 representante do Concello de As Pontes.

Coa finalidade de aclarar o procedemento, e como presidenta da Xunta Electoral, indicar o seguinte:

 ·         Os representantes dos mestres/as serán elixidos polo claustro do centro.

 ·         O representante do persoal de administración e servizos será elixido por eles mesmos.

 ·         Os representantes dos pais/nais serán elixidos por eles mesmos, podendo votar ambos proxenitores e podendo ser tamén, ambos, candidatos.

Os diferentes censos electorais atópanse expostos no taboleiro de anuncios do edificio administrativo. De non aparecer nos mesmos, pódese facer reclamación ao respecto entre os días 4 e 11 de Novembro, ambos incluídos.

 Para poder ser elixido/a como membro do Consello Escolar débese presentar candidatura ante a Xunta Electoral, entre os días 4 e 11 de Novembro, ambos incluídos. Pódese descargar o impreso de presentación de candidatura AQUÍ ou recollelo no centro, e en calquera caso será presentado perante a presidenta da Xunta Electoral.

 O 15 de Novembro, a Xunta Electoral proclamará as candidaturas, aprobaranse definitivamente os censos de ser o caso que houbera reclamacións e comezarán as campañas electorais. Tamén se realizará mediante sorteo público, a designación dos membros integrantes da mesa electoral de pais/nais; que estará composta pola presidenta da Xunta Electoral e 4 pais/nais.

17 de Novembro notificarase e convocarase aos pais/nais elixidos por sorteo á constitución da mesa electoral.

O día 22 de Novembro levaranse a cabo as distintas votacións.

 Finalmente, o novo Consello Escolar constituirase o 29 de Novembro.

Como presidenta da Xunta Electoral, anímovos a que presentedes a vosa candidatura e, de igual maneira insisto na importancia de participar nas votacións para elixir aos vosos representantes.

 

Quedo á vosa disposición ante calquera dúbida que poida xurdir ao respecto deste procedemento.

  

Un saúdo.

 

Eva M Blanco Bermúdez

Presidenta da Xunta Electoral