EDUCACIÓN VIARIA
Enviado por Anónimo o Xov, 08/11/2018 - 23:19
Este martes, 100 nenos do Colexio A Magdalena, asistiron a unha divertida clase sobre seguridade viaria. Un monitor de educación viaria, coa axuda dos Bolechas e dun membro da Policía Local, explicoulles ós rapaces e ás rapazas como deben circular nas súas bicicletas, algunhas normas de seguridade e a importancia de usar sempre o casco.
Ó remate da charla todos os nenos recibiron un casco para que o utilicen cando saian coas suas bicicletas e así circular de xeito seguro.