Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

XOGOS POPULARES DE ENTROIDO 2020

O pasado xoves, xoves de comadres, o cole de Maceda botouse ao patio para por en práctica as súas habilidades nos xogos motores e de coordinación, celebrouse unha nova edición dos "Xogos Populares de Entroido".

Os nenos e nenas de Primaria, xunto cos seus mestres e mestras, participaron nunha xornada deportiva na que xogaron a:

  • carreiras de sacos
  • carreiras de pés anoados por parellas
  • avoan as olas

Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo:

 Asemade, o alumnado de Infantil xunto coas súas mestras, disfrutou desta xornada con xogos adaptados a súa idade:

  • carreira de sacos
  • carreiras de pés anoados por parellas
  • tira soga

 

 

Se queredes ver con detalle a reportaxe fotográfica dos xogos, preme na imaxe:

 

 



story | by Dr. Radut