Skip to Content

DATOS DO CENTRO

CEIP XOSÉ LUÍS TABOADA

Enderezo: Rúa Irmáns Fernández Dorrego, Nº 9

Teléfono:982870140 - 982870141

Fax:982870142

CP:27520 Carballedo (Lugo)

Email: ceip.luis.taboada@edu.xunta.es

TIRAS RESALTADORAS DE LECTURA

Hoxe incorporamos este recurso para mellorar a fluidez lectora. Grazas a estas tiras resaltadoras, o alumnado pode mellorar a fixación visual de cada palabra, o que se traduce nunha articulación oral menos silabeada e máis natural!

 

IMÁNS DE MAGOSTO/OUTONO

Hoxe fixemos entrega destes imáns creados polo noso alumnado o venres pasado, xornada lectiva inspirada no magosto. Por iso, estes obxectos fan referencia a esta celebración e máis tamén ao outono (follas, landras, cogomelos, gorros, etc.). Así, á vez que incorporamos a tecnoloxía do lapis 3d, grazas ao cal se deseñaron estas pezas, aproveitamos para traballar vocabulario en galego.

Agardamos que dende hoxe formen parte dos fogares do noso alumnado. Algunhas das ideas que xurdiron foron a colocación dos mesmos en superficies metálicas como a neveira.

Parabéns artistas!

 

 

 

RADIO ESCOLAR: NOVEMBRO '24

     Benvidas a todas e todos a este proxecto que iniciamos no cole coa participación de todo o alumnado e profesorado e dirixido á comunidade educativa. Agardamos que vos guste e podamos seguir ofrecéndovolo coa mesma ilusión coa que fixemos este primeiro programa.

 

ACTIVIDADE HIXIENE DENTAL

     Onte recibimos na clase a visita duns estudantes do Grao de Educación Infantil (Lucía e Rodrigo) que viñeron a realizar unha actividade enfocada na hixiene buco-dental:

     Primeiro fixéronnos unha presentación acompañados do seu amigo, o Ratiño Pérez, onde nos explicaron a importancia e consellos para manter unha axeitada hixiene e saúde nos nosos dentes.

     A continuación puxeron en práctica varias actividades connosco:

  • Cepillar os dentes: os nenos e nenas da imaxe teñen os dentes sucios despois de comer. Explicáronnos como cepillalos para que queden relucintes.

   

  • Experimeto para aprender para que serve o enxaugue dental: na auga do prato botamos canela, que representa as bacterias e restos de comida que provocan as caries e, tocando co dedo cun pouquiño de xabón, vemos como actúa o enxaugue limpando as nosas bocas.

 

  • Fío dental: ensináronnos para que serve o fío dental e practicamos a quitar restos de comida (plastilina) das dentaduras (fichas de construción), usando o fío dental (limpapipas).

  

  • Por último, axudáronnos a facer unha representación da nosa dentadura con plastilina. 

   

Que ben o pasamos e canto aprendemos con Lucía e Rodrigo! Moitas grazas!!!!

 

SAMAÍN: "NO TENGO MIEDO"

Táboas e máis táboas :)

Memorizar as táboas de multiplicar adoita ser unha tarefa certamente ardua... pero todos e todas sabemos que é un contido imprescindible! E igual de imprescindible é exercitar a memoria a curto e longo prazo! Pero iso tamén pode resultar pouco interesante ou algo complicado... Propoñemos as seguintes actividades para traballar isto nun dous por un.

Na primeira fotografía o neno ten un tempo para memorizar  as operacións cos resultados. Logo, tendo á vista un cronómetro, terá que ser quen de repetir os resultados no menor tempo posible. O cronómetro cesará no seu conteo temporal no momento no que o alumno accione o pulsador. Establecer un límite temporal axúdanos a capturar a atención e a mantela activa, sen distraccións, no obxectivo proposto.

Na segunda imaxe, o neno vai seleccionando (mediante pezas circulares translúcidas de cores) o resultado da operación que oralmente se lle vai indicando. Outra dinámica é que a docente seleccione os resultados para que sexa a crianza a que indique verbalmente a operación. Por exemplo: se a mestra selecciona o 56, o cativo indicará 7x8 como operación cuxo resultado dá o número elixido.

 

 

Multiplicación con levadas

Cando adquirir a mecánica da multiplicación con levadas sobre papel non nos resulta motivante, unha opción pode ser esta soleta plastificada. Deste modo, podemos traballar con rotuladores, que logo son facilmente borrables, (con papel) e con números máis grandes. Descubrimos que este formato a ALGÚNS nenos/as resúltalles máis atractivo. Aprender a multiplicar pode ser máis ameno!

 

Mellorando a articulación do "D"

Para traballar a posición dos órganos articulatorios (beizos, lingua, padal...), cuestión imprescindible para mellorar a pronuncia do fonema /d/, empregamos como aliada a mesa de luz. Nela proxectamos o articulema (imaxe que nos indica como debemos colocar os órganos bucofonatorios) para, logo, imitar a posición e movementos dos mesmos (para iso tamén acudimos ao espello de aula). Apoiamos este exercicio coa imitación de onomatopeas, tal e como se pode ver tamén na mesa de luz (o son dun mosquito ou dun timbre). 

En suma, as cancións do fonema tamén son unha excelente vía para traballar a conciencia fonémica e favorecer a automatización articulatoria. Estas son escoitadas e visualizadas na tableta, mentras se observa o seu articulema na mesa de luz. Cando é necesario pausamos o vídeo para mellorar a pronuncia daquelas palabras que non saíron ben á primeira.

 

 

E TI COMO LLE DIS?

     Chegou o tempo do Samaín, das cabazas e os espíritos... 

     Sabíades que en galego temos numerosos nomes para darlle a este elemento? Seguro que coñecedes CABAZA e CALACÚ, pero aquí vos presentamos uns cantos máis: 

CABAZA          BOTEFA          CAIOTA

ABOBRA          CABACEIRA          CALACÚ

CABAZO          CALACUEIRA          CABAXA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut