Skip to Content

Táboas e máis táboas :)

Memorizar as táboas de multiplicar adoita ser unha tarefa certamente ardua... pero todos e todas sabemos que é un contido imprescindible! E igual de imprescindible é exercitar a memoria a curto e longo prazo! Pero iso tamén pode resultar pouco interesante ou algo complicado... Propoñemos as seguintes actividades para traballar isto nun dous por un.

Na primeira fotografía o neno ten un tempo para memorizar  as operacións cos resultados. Logo, tendo á vista un cronómetro, terá que ser quen de repetir os resultados no menor tempo posible. O cronómetro cesará no seu conteo temporal no momento no que o alumno accione o pulsador. Establecer un límite temporal axúdanos a capturar a atención e a mantela activa, sen distraccións, no obxectivo proposto.

Na segunda imaxe, o neno vai seleccionando (mediante pezas circulares translúcidas de cores) o resultado da operación que oralmente se lle vai indicando. Outra dinámica é que a docente seleccione os resultados para que sexa a crianza a que indique verbalmente a operación. Por exemplo: se a mestra selecciona o 56, o cativo indicará 7x8 como operación cuxo resultado dá o número elixido.

 

 



page | by Dr. Radut