Seccións bilingües
Merry Christmas and Happy New Year :)
Enviado por Anónimo o Lun, 12/20/2021 - 18:54Estimado alumnado e familias,
O Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües queremos desexarvos un Nadal máxico, cheo de felicidade e de bos momentos compartidos con familia e amizades.
Queremos felicitarvos estas datas co seguinte vídeo:
https://drive.google.com/file/d/17Ua_f1GTxGbQ-px_-xMILT8QRLVX6hDy/view?usp=sharing
Teacher Lucía Teacher José Luis Teacher Sara Teacher Jianne Teacher Mari
Póster de presentación para o colexio de intercambio e primeiro contacto virtual
Enviado por Anónimo o Mér, 12/15/2021 - 18:39O prometido é débeda, achegamos o enlace para que poidades ver o traballo realizado por todo o alumnado do colexio, un póster dixital para darnos a coñecer un pouco máis ao colexio de intercambio.
Os de E.I e 1º e 2º de E.P, foron os encargados de lles mandar palabras e mensaxes de benvida, con todo agarimo.
O alumnado de 3º foi o encargado de lles felicitar o Nadal con tarxetas cheas de cores, fantasía e boas intencións.
O alumnado de 4º deu o seu toque musical cunha Christmas carol, da cantante australiana Sia, non hai máis que oílos para darse conta das ganas que lle botaron.
Os de 5º, asumiron a tarefa de entrevistar a Jianne (a nosa auxiliar de conversa) que tamén forma parte do proxecto e colabora como a que máis.
O alumnado de 6º foi o encargado de preparar unha presentación para que coñezan mellor o noso colexio, convertíndose en anfitróns e anfitroas virtuais.
Aproveitamos para comentar tamén que, o alumnado de 6º de EP, xa tivo un primeiro encontro virtual con alumnado do Cañada Blanch School (tamén de 6º). A curiosidade foi a protagonista do encontro, os/as estudantes de ambos países querían saber que cousas tiñan en común e cales eran as diferenzas na súa vida escolar. Todas e todos gozaron dunha charla que se lles fixo curta, charla que dará lugar a outra actividade para compartir.
Esperamos que vos guste.
Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües
Programa de Intercambios Escolares EduExchanges
Enviado por Anónimo o Mar, 12/14/2021 - 22:25
Como xa vos indicamos por correo, este curso solicitamos a participación no programa de Intercambios Escolares EduExchanges 2021/2022, intercambio en liña xa que nestes momentos non poden ser doutro xeito. O centro co que imos a desenvolver a actividade é o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres (Vicente Cañada Blanch Spanish School), colexio multilingüe e o intercambio será en lingua inglesa.
http://vicentecanadablanch.educalab.es/home
Queremos implicar a todo o alumnado do centro, dun xeito ou doutro. Todo o profesorado de Lingua Inglesa traballamos para que esta participación se leve a cabo, colaborando en distintas actividades de modo conxunto.
En breve, teredes noticias das primeiras actividades que estamos a desenvolver.
Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües
"SECCIÓNS BILINGÜES" LOGO CONTEST
Enviado por Anónimo o Lun, 12/13/2021 - 01:10WE ENCOURAGE YOU TO PARTICIPATE!!
THE BALLOT BOX IS NEXT TO SANDRA'S OFFICE, AT THE MAIN ENTRANCE
THIS IS THE LINK TO THE RULES:
https://drive.google.com/file/d/1b-xbHWIet3PDm_9iRDBjgVjTTX2XNBUf/view?usp=sharing
EQUIPO DE SECCIÓNS BILINGÜES ;)
Dumating si Jianne Marie, ang aming katulong sa pag-uusap
Enviado por Anónimo o Dom, 10/10/2021 - 16:35
Dumating si Jianne Marie, ang aming katulong sa pag-uusap, traducido do tagalo: chegou Jianne Marie, a nosa axiliar de conversa (our language assistant). Chegou o pasado 4 de outubro.
Se premedes abaixo sobre THE PHILIPPINES, accederedes a unha presentación que preparou Jianne para lles falar de Filipinas.
ENJOY IT!!
[It's More Fun in the Philippines (Tourism Philippines) - https://philippines.travel/safetrip]
26th September - European Day of Languages
Enviado por Anónimo o Dom, 10/10/2021 - 16:03Cada 26 de setembro celébrase a diversidade lingüística de Europa, ademais da riqueza e variedade cultural da que disfrutamos.
O profesorado do departamento de Inglés, decidimos celebralo decorando diversos recunchos do centro con banner flags, bandeirolas feitas polo noso alumnado de Educación Infantil e Primaria. Nelas pódense ler palabras como ola, amigo-a e diversidade en distintos idiomas.
SO HAPPY TO SEE YOU AGAIN :)
Enviado por Anónimo o Dom, 10/10/2021 - 16:01How are you doing? We are back. It's great to see you again, the corridors were too empty.
Metal donkeys are ready to exhibit your works, are you ready?
Welcome to a new school year!
Seccións Bilingües
Enviado por Anónimo o Ven, 12/18/2015 - 02:42Este programa supón a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.
No noso centro a materia non lingüística, que se imparte en Inglés, é Arts&Crafts.
Na sociedade actual, que é cada vez máis internacional, o uso correcto dunha lingua estranxeira permite ter unha distinta visión do mundo, favorecendo o interese por outras culturas e formas de ver a realidade, sempre máis tolerante e solidaria.
O centro participa tamén no programa de Auxiliares de conversa
Programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4