Póster de presentación para o colexio de intercambio e primeiro contacto virtual

O prometido é débeda, achegamos o enlace para que poidades ver o traballo realizado por todo o alumnado do colexio, un póster dixital para darnos a coñecer un pouco máis ao colexio de intercambio.

Os de E.I e 1º e 2º de E.P, foron os encargados de lles mandar palabras e mensaxes de benvida, con todo agarimo.

O alumnado de 3º foi o encargado de lles felicitar o Nadal con tarxetas cheas de cores, fantasía e boas intencións.

O alumnado de 4º deu o seu toque musical cunha Christmas carol, da cantante australiana Sia, non hai máis que oílos para darse conta das ganas que lle botaron.

Os de 5º, asumiron a tarefa de entrevistar a Jianne (a nosa auxiliar de conversa) que tamén forma parte do proxecto e colabora como a que máis.

O alumnado de 6º foi o encargado de preparar unha presentación para que coñezan mellor o noso colexio, convertíndose en anfitróns e anfitroas virtuais. 

Aproveitamos para comentar tamén que, o alumnado de 6º de EP, xa tivo un primeiro encontro virtual con alumnado do Cañada Blanch School (tamén de 6º). A curiosidade foi a protagonista do encontro, os/as estudantes de ambos países querían saber que cousas tiñan en común e cales eran as diferenzas na súa vida escolar. Todas e todos gozaron dunha charla que se lles fixo curta, charla que dará lugar a outra actividade para compartir.

 

Esperamos que vos guste.

Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües