Pride Month Card Contest - Concurso de postais mes do Orgullo
Enviado por Anónimo o Mér, 05/31/2023 - 18:29
O Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües propón para este mes de xuño un
Concurso de postais para celebrar o Mes do Orgullo
Pride Month Card Contest
Unha oportunidade para mostrar a diversidade e promover
a cultura de tolerancia, inclusión e igualdade.
Como facer as postais? E ata cando?
-
Poden ser do tamaño e material que decidades.
-
A mensaxe (no caso de alumnado que escriba) será en inglés (“Happy Pride Month”, “Happy Pride!”, “Respect!”, “June is Pride Month”, “June is LGBT Month”, “All Different, All Wonderful”, “Happy Rainbow Month” ...).
-
Levarán nome e apelidos pola parte traseira.
-
Poderán entregarse ata o 14 de xuño.
Exporemos todas as postais que recibamos.
Todos os/as participantes recibirán un diploma acreditativo de ter participado no concurso.
Haberá 4 premios, un por cada grupo de participantes, por ciclos:
-
Postal gañadora de alumnado de E.I.
-
Postal gañadora de alumnado de 1º ciclo de E.P.
-
Postal gañadora de alumnado de 2º ciclo de E.P.
-
Postal gañadora de alumnado de 3º ciclo de E.P.
As postais entregaranse á titora ou titor
para que as faga chegar ao/á profesor-a de Lingua Inglesa.
Animádevos a participar!!
FACEMOS UN TRATO CO GALEGO!!
Enviado por admin o Mar, 05/16/2023 - 08:40O Día das Letras Galegas é unha celebración para pór en valor a nosa lingua e reivindicar o labor que unha persoa representativa da nosa cultura desenvolveu polo galego, unha lingua que, segundo os datos actuais, pouco a pouco vai esmorecendo.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere concienciar desta situación, principalmente ás e aos falantes do futuro. Para iso, alumnado de 5º e 6º dirixido polo profesor Alberto Martínez, preparou a obra de teatro Fai un trato co galego, da que tamén é autor o devandito profesor. Con ela presentáronse ao XXVII Festival Intercentros do concello de Santiago de Compostela; o estreno foi todo un éxito e proximamente tamén o alumnado e o profesorado teremos ocasión de presenciala en directo.
Pero mentres, ofrécennos a toda a comunidade educativa a posibilidade de poder gozar da súa actuación con tan só pinchar na imaxe.
Pódese atopar máis información en https://edlglopezferreiro.blogspot.com/
Ogallá sexa o inicio de mil primaveras máis para a nosa lingua. Feliz Día das Letras Galegas!
SEGUIMOS CON ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE COLABORATIVA NO CEIP LÓPEZ FERREIRO
Enviado por admin o Xov, 05/11/2023 - 08:03Durante este terceiro trimestre de curso, o noso alumnado seguiu alfabetizándose nas novas linguaxes creativas. Para iso, as nenas e os nenos de 2º e 4º de educación primaria realizaron un obradoiro de iniciación á informática cos escornabots, mentres que en 3º, un taller de lectura expresiva guiado por Charo Pita. Estas actividades puideron levarse a cabo grazas á nosa participación nos programas Radio na biblio e Biblioteca Creativa, polo que no blog da biblioteca se atopa máis información.
Ademais, e contando coa colaboración das familias, o Equipo de Actividades Extraescolares xunto co Equipo da Biblioteca organizaron un mercadiño solidario para colaborar coa asociación Centinelas. Deste xeito, as nenas e os nenos intercambiaron produtos de hixiene por libros xa descatalogados da nosa biblioteca, fomentando valores de xenerosidade, empatía e recoñecemento das diferentes realidades.
E en colaboración coa ANPA do centro e mais o CAFI, a psicóloga educativa Begoña Castro volveu ao noso centro. Nesta ocasión, para ofrecer unha charla sobre “Remedios literarios”, ou como a lectura contribúe a desenvolver e a espertar as nosas emocións, motivadoras de calquera aprendizaxe.
Ao final da charla, tamén nos visitou o escritor e psicólogo Luís Rodríguez Cao, que nos agasollou co seu libro As viaxes de Xurxo, e nos emocionou co recitado dalgunhas composicións incluídas no seu poemario Creación y luz, unha oda ao nacemento e ao comezo da vida.
Letras Galegas 2023 no CEIP López Ferreiro
Enviado por admin1 o Mar, 05/09/2023 - 20:41O LÓPEZ FERREIRO CO DÍA DO LIBRO
Enviado por admin o Lun, 04/24/2023 - 13:00No CEIP López Ferreiro tamén se celebrou o Día do Libro.
MARGARITA LEDO NO LÓPEZ FERREIRO
Enviado por admin o Xov, 04/13/2023 - 09:34Durante todo o mes de marzo, recibimos no López Ferreiro a MULLERES IMPRESCINCIDIBLES NA VIDA DE COMPOSTELA (Helena Villar Janeiro, Encarna Otero, Marisa Vidal…), o que, ademais de ser unha realidade, é tamén o título da proposta coa que o noso centro participa no programa Donas de si, coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Para rematar o mes por excelencia da Muller, Margarita Ledo, chairega de nacemento pero santiaguesa de adopción, ofreceu unha conferencia ao alumnado de 6º do CEIP López Ferreiro.
Esta pioneira das artes audiovisuais, transmitiu ás nenas e aos nenos a súa paixón polo cinema como un medio expresivo para a transmisión de emocións; pero sobre todo, como un medio de reinvidicación da loita das mulleres, da loita pola lingua, da loita contra a opresión...
Amosoulles, asemade, diferentes creacións súas e demostroulles que todas e todos posúen un gran potencial creativo.
No López Ferreiro aprenderemos a reflexionar e a tomar conciencia crítica a partir das súas obras. Entre elas, cun libro do que Margarita é autora e que nos deixou como agasallo: O serrote do Gil.
Máis información en: https://edlglopezferreiro.blogspot.com/
ENAPA: A TRANSICIÓN DA PRIMARIA Á SECUNDARIA
Enviado por admin o Xov, 04/13/2023 - 09:31O 29 de marzo (coa colaboración do CAFI e da ANPA do centro), visitounos a psicóloga educativa Begoña Castro, para desenvolver a ENAPA "A transición desde a educación primaria a educación secundaria".
A charla, estivo centrada no cambio emocional e psicolóxico que experimentan as nenas e os nenos nas idades nas que deben pasar ao instituto. E así, observouse que a vida, mesmo a escolar, está chea de cambios adaptativos, polo que a familia debe ofrecer ferramentas para a autonomía das súas fillas e dos seus fillos, e acompañalas/los nun momento de preadolescencia no que lles inqueda moito o seu futuro.
A charla prolongouse bastante máis das dúas horas inicialmente previstas e Begoña prometeu "repetir" no noso centro. Na próxima ocasión, fará ver ás familias como determinados libros poden axudar en certos momentos emocionais.
Enviarase información desta ENAPA que, ben seguro, volverá ter o éxito asegurado.
EDUEXCHANGES ACTIVITY -Intercambio de Entroido coa escola Petit Paris de Brest
Enviado por Anónimo o Ven, 03/31/2023 - 22:44
A tradición do Entroido é algo que temos en común coa Bretaña francesa, entre outras moitas cousas. Entroido en Galicia, Carnaval Brestois en Bretaña.
Gravamos un vídeo para compartir con l'École Petit Paris de Brest (o colexio bretón co que intercambiamos actividades EduExchange) e recibimos o seu que tamén se celebra nas escolas.
Aquí filloas, alí crêpes. Desfrutade os vídeos.
O ALUMNADO DO CEIP LÓPEZ FERREIRO, EXERCEU DE PARLAMENTARIO
Enviado por admin o Lun, 03/27/2023 - 09:27AS FAMILIAS E O ALUMNADO DO LÓPEZ FERREIRO, LERON CON ROSALÍA
Enviado por admin o Mar, 03/21/2023 - 09:21Dentro do programa de Bibliotecas Escolares de Galicia, “Lectura e familias”, programouse unha ruta para coñecer os lugares máis significativos onde viviu Rosalía de Castro.
En cada unha das cinco paradas que se realizaron, as nenas e os nenos, e tamén as familias, leron un poema da escritora galega por excelencia.
Nas fotos que se achegan, obsérvase como as nenas e os nenos colocaron os seus pensamentos na tumba de Rosalía, así como a descuberta da casa de Antonio López Ferreiro, onde vivía a poeta cando se publicou Cantares Gallegos.
En definitiva, unha tarde que serviu para reforzar os vínculos afectivos entre a nosa comunidade educativa por medio da motivación pola lectura.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »