![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus.jpg)
O CEIP Francisco López Estrada en Colaboración co CFR de Ferrol desenvolveu un programa de inmersión e formación do profesorado na rede do sistema educativo "Erasmus+". Este plan ten como finalidade ampliar os coñecementos do profesorado no ámbito europeo, conectándoo con outras escolas e realidades que achegan ferramentas de traballo innovadoras e xenera novas visións dentro da comunidade educativa.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus2.jpg)
En representación do noso colexio foron as profesoras Cristina Iglesias e Carmen García, que previamente asistiron a un curso de perfeccionamento e inmersión da lingua inglesa para poder desenvolver o proxecto nas mellores condicións posibles.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus4.jpg)
A experiencia formativa do Erasmus+ componse dunha serie de apartados complementarios. Un dos máis importantes é a formación e perfeccionamento do profesorado na lingua inglesa. Na foto superior vemos reunidos a todos os profesores que participaron, entre eles Cristina e Carmen.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus3_0.jpg)
A segunda liña de traballo do Erasmus+ desenvólvese directamente nos centros educativos da cidade anfitrioa, neste caso diferentes colexios e escolas da área de Cardiff. Estas visitas son unha gran fonte de recursos e ideas para o desenvolvemento de diferentes actividades na nosa escola. O acceso a diferentes metodoloxías, sistemas de traballo, murais, exposicións, plans pedagóxicos, etc... achégase aos colexios de orixe para que se implanten nas diferentes áreas, mellorando e repercutindo na calidade da nosa educación.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus5.jpg)
Os murais son unha gran fonte de inspiración, xa que recollen metodoloxías e proxectos levados a cabo nos centros de Cardiff.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus6.jpg)
Os recursos abarcan todas as áreas, tamén a de plástica. Os traballos realizados polo alumnado de Cardiff son dunha gran calidade.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus7.jpg)
Ademais da formación e as visitas aos colexios, outra parte importante do proxecto Erasmus+ é a inmersión na sociedade e cultura do país anfitrión. Nas horas libres e de lecer as nosas dúas profesoras percorreron as rúas de Cardiff e disfrutaron de diferentes visitas culturais.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/castillo.jpg)
O castelo no centro da cidade é un punto de referencia imprescindible.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Bah%C3%ADa.jpg)
A Baía de Cardiff, que é a zona de restauración da cidade, presenta unha oferta gastronómica de ámbito internacional.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus9.jpg)
O edificio Pierhead, un dos máis emblemáticos da baía.
![](/centros/ceiplopezestrada/system/files/u41/Erasmus10.jpg)
A participación nos plans europeos de formación do profesorado supón unha mellora na calidade de ensino dos nosos centros, ademais dunha experiencia persoal de gran valor. Desde o CEIP Francisco López Estrada agradecémoslle ás profesoras Carmen e Cristina a súa boa disposición para participar no Erasmus+, así como ao CFR de Ferrol por facilitarnos esta experiencia formativa.