O pasado venres realizáronse as primeiras entrevistas para a nosa radio.
Queremos dar un millón de grazas a Janine Funke e Anika Damm por facer isto posible, e ás veciñas e veciños entrevistados por compartir un anaco do seu valioso tempo e contarnos cousas moi interesantes.
Parabéns ao alumnado de 4º, 5º e 6º polo traballo realizado, as ganas de aprender e o entusiasmo amosado.
Próximamente daremos a coñecer o logo e poderedes escoitar os primeiros podcasts. Mentres tanto, aquí deixamos unhas imaxes...
(Facer click nas imaxes para agrandar)