Publicáronse as bases reguladoras para a concesión de axudas municipais a familias con fillos/as en Ensino Obrigatorio para o curso 2023/24 que convoca o CONCELLO DE VIGO.
Segundo consta na convocatoria:
- Aquelas familias que foron beneficiarias das axudas no curso 2022/2023 non están obrigadas a presentar o certificado de matrícula.
- As familias que non foron beneficiarias e precisen o certificado de matrícula poderán solicitado a través do correo electrónico: ceip.lopedevega@edu.xunta.gal. Tamén pode ser descargado dende ABALAR/ESPAZO FAMILIAS se dispón de chave365 ou certificado dixital .
O alumnado de 1º de E.P. e de nova incorporación ao centro levarán a casa os certificados de matrícula.
Lembrámoslles que estas axudas non se tramitan no centro, son convocadas polo Concello de Vigo, as dúbidas que xurdan deberán consultalas directamente no CONCELLO.