Skip to Content

CURSO 2014-2015: Saída de fin de ciclo Educación Infantil

 

 

 

O martes 9 de xuño os nenos e nenas de 6 de Infantil realizamos unha saída de final de curso ao Camping Os Fieitás en San Vicente - O Grove.

 

Despois dunha agradable viaxe en autobús chea de emoción, na que non paramos de falar e cantar, alí estaban os monitores de Fieitás agardándonos para ensinarnos as instalacións do camping.

 

Pola mañán coma o día estaba un pouco cuberto de nubes fixemos as actividades de monte. Divididos en grupos contruimos  vivacs, cabanas e currais aproveitando os recursos naturais e incluso fixemos camiños e preparamos a leña para facer unha fogueira. Alí puidemos disfrutar dunha pequena merenda.

De volta ao camping preparámonos para comer e ao rematar fumos xogar as camas elásticas.

 

Pola tarde, xa con moi bo tempo, fumos a praia de San Vicente, fixemos xogos, andivemos na area e mollámonos todos.  

 

Pouco antes de coller o autobús de volta a Vigo merendamos e despedímonos dos monitores de Fieitás que tan ben nos acolleron e que fixeron que tivéramos un día moi especial.

 

 

 

RECURSOS EDUCATIVOS



blog | by Dr. Radut