Todos somos coñecedoras e coñecedores que o xogo entre os nenos e as nenas é un dos mellores mecanismos para explorar o mundo. Ademais, serve para coñecer o mundo real a través da representación de roles.
É preciso comprender que o uso dos xoguetes non é espontáneo, senon que é aprendido e de carácter cultural. Necesitamos superar o "isto é de nenos e isto é de nenas".
Os xogos sexistas son aqueles que reproducen os roles dos homes e das mulleres na nosa sociedade. Os nenos e as nenas asumen actitudes de discriminación representando estas diferenzas.
Xogar a diferentes xogos permítelles desenvolver diferentes habilidades. Diferenciar as actividades en función do sexo é limitar unha enorme oportunidade para o desenvolvemento infantil.
Nesta época nós temos a posibilidade de elixir ese xoguete pero, cal elixir?
Débense escoller aqueles xoguetes que:
- non potencien a violencia.
- favorezan a comunicación
- potencien as relacións cooperativas
- divertido e motivador
- fomente a capacidade de pensar, a creatividade e a curiosidade
Segundo a idade do cativo/a, algúns exemplos poden ser:
0-6 meses | axóuxeres, carruseis musicais, bonecos con son, mordedores |
6-12 meses | andadores, pelotas, bonecos de trapo, ximnasios de actividades |
1-2 anos | taboleiros de actividades, encaixables, cubos, bonecos, libros de imaxe, contos de texturas |
2-4 anos | construccións puzzles, contos, bonecos con vestidos, coches a pedáis |
4-6 anos | bicicleta, pizarra, plastilina, plantillas para o debuxo, teatro de títeres, caleidoscopio |
6-12 anos | avións, xogos de letras, canicas, xogos de experimentos ou de actividades, modelismo, cometas |
E lembrade, os xoguetes deben ser seguros e amosar na etiquetaxe a idade recomendada.
No día de hoxe, conmemórase a gran loita que os cidadáns temos a obriga de erradicar: a violencia de xénero.
Son moitas as mulleres que sofren ou sufriron algún tipo de violencia (física, verbal e/ou psicolóxica) por parte doutra persoa.
Está nas nosas mans a solución: a clave é a educación.
E lembra, non hai xustificación!
A continuación podedes consultar máis información nos seguintes enlaces:
http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-
http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/centros-de-informacion-mulleres
A estas alturas moitos nenos e meniñas de 6º de Educación Primaria estarán a pensar non seu paso ao instituto o próximo curso.
Debido a esta situación tan excepcional provocada polo Covid-19, e para poder orientarlles na transición á etapa de Secundaria, a orientadora educativa Monste Alonso Álvarez do EOEP de Villafranca do Bierzo, preparou este material para as familias con nenos e meniñas nesta situación. Trátase dunha pequena guía con información visual de apoio, para que os pais ou titores do alumnado de 6° curso poidan preveer e traballar o próximo tránsito a Secundaria. Espero que sexa útil.
Ánimo e a por esta nova etapa!
Unha guía de exercicios sinxelos para que os peques se relaxen. E nós con eles. Podemos facelos xuntos. Está elaborado polo HIU Neno Xesús de Madrid. Son 7 puntos para quedarnos ben relaxados. Podemos practicar a diario e ademais usalo se estamos especialmente nerviosos.
O Mindfulness para nenos e nenas bríndanos toda unha serie de posibilidades para mellorar dende ben cedo a súa atención, para exercitar o seu cerebro na empatía, na calma e a xestión emocional.
Algo importante que debemos aclarar en primeiro lugar é que o Mindfulness para nenos e nenas non se limita en exclusiva a ensinarlles a meditar, a como relaxarse ou a respirar. Vai moitísimo máis aló. Non podemos esquecer que o Mindfulness relaciónase tamén coa alimentación, co traballo, co modo de relacionarnos, de facer deporte…
Beneficios.
Conseguir que a súa capacidade de asombro non caduque nunca, así como o seu interese por conectar co exterior desde un interior máis relaxado, máis receptivo e confiado.
Axúdalles a mellorar o rendemento académico, a ser máis eficientes nas súas tarefas. Aprenden a vivir plenamente a súa vida, prestando atención ao momento presente e gozando máis de cada instante vivido.
Aumenta a capacidade de regulación emocional. Aprenden a recoñecer, entender e manexar as súas emocións e pensamentos de forma natural. Descobren que están por encima das súas emocións e pensamentos, que todos lles achegan algo beneficioso e que todos son transitorios.
Incrementa a capacidade de tomar mellores decisións. A través da autobservación e o autoconocemiento, aprenden a coñecer a fondo todas as súas capacidades, fortalezas e limitacións. Deste xeito poden tomar decisións máis conscientes.
Aprenden a frear a súa mente mellorando o seu autocontrol. Adquiren capacidades para controlar a súa tensión e os seus medos antes de que lles cheguen a bloquear. Son capaces de saír deses estados de «secuestro emocional» nos cales a parte máis primitiva do cerebro toma o control e non podemos tomar decisións racionais.
Aprenden a ser máis reflexivos, menos impulsivos e a ser capaces de responder no canto de reaccionar fronte aos pensamentos ou emocións que lles xorden.
Aumenta a súa capacidade de resiliencia. Ao centrarse no momento presente, non vivindo con angustia o futuro nin lembrando con añoranza o pasado, son capaces de recobrarse mellor tras unha experiencia ou sentimento.
Bo día familias.
Dende o departamento de orientación gustarianos darvos algunhas suxerencias para facer mais levandeiro estos días cos vosos pequenos e pequenas.
Nesta guia eleborada pola psicóloga Estela Mediavilla, podedes atopar ideas sobre como afrontar esta situción cos vosos fillos e fillas atendendo as súas emocións.
Recolle algunhas ideas para organizar os tempos e algunhas actividades que vos axudarán no voso día a dia.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |