Os nenos e nenas de 1ºA, na clase de Valores, despois de pasar un ano desde que tivemos que encerrarnos na casiña para protexernos do coronavirus, recordamos as emocións que sentimos por diferentes motivos durante ese tempo.
Para identificar e presentar cada unha delas, limos o conto de
O monstro de cores, mediante o cal puidemos pensar e identificar diferentes momentos do confinamento que nos produciron alegría, tristeza, medo, rabia, calmae amor.
Outro dos contos cos que traballamos en 1ºA foi o de
¡NOPASANADA!
A raíz del, e os seus protagonistas, Panda e Zebra, reflexionamos sobre o bonito que é que cada un sexa diferente e pensar naquelas cousiñas que nos fan especiais a cada un/unha de nós...
Para traballar as emocións e reflexionar sobre certos valores, na clase de 1ºA lemos moitos contos ao longo do curso... Sobre algúns deles fixemos maior fincapé, traballándoos mediante algunhas actividades.
Un deles foi o de VIVANASUÑASDECORES
Fala da historia dun neno, do cal se rían por levar as uñas pintadas... sabedes o peor? Que é unha historia real!!!
Aquí vos deixo un vídeo co conto por se o queredes ver...
Despois, para a nosa sorpresa, había na clase unha caixiña chea de pintauñas... que nerviosos e nerviosas nos puxemos!!
Por suposto, cada un de nós decidimos se nos queriamos pintar as uñas ou non, co fin de mostrar o noso apoio cara ao protagonista da historia. Niso consiste, en que cada un/unha poida decidir o que quere sen que ninguén lle faga sentir mal!!
Aquí colocamos as nosas fotos na emoción que sentimos ao chegar ao cole e cando pasa algo extraordinario e queremos reflexionar sobre como nos sentimos e como se senten os compañeiros.
En 1ºA e en 1ºB tamén fixemos as Árbores dos Desexos.
Para iso, pechamos os ollos e pensamos que é aquilo que desexamos con todas as nosas forzas. A algún de nós ao comezo só se nos ocorrían cousas materiais, como son os xoguetes, pero despois entendemos que non se trataba diso...
A verdade é que saíron desexos moi interesantes relacionados coas familias, amizades, mascotas... e, entre eles, por suposto, tamén estaba que se acabe o coronavirus!!!
Outras actividades moi relacionadas con esa dinámica inicial do folio engurrado son as que levamos a cabo aproveitando o Día do Amor e da Amizade (14 de febreiro).
Este día, valoramos que cousas boas e, sobre todo, que persoas ocupaban un espazo no noso corazón: aquelas que nos axudan, coas que nos divertimos, as que nos dan cariño...
Ademais, tamén nos pareceu boa idea darnos aínda máis amor que de costume e dicirnos cousas bonitas uns aos outros, o que nos gusta dos demais, por que son especiais para nós... Para iso, fixemos o amigo invisible, no que cada un de nós debería escribir nunha mandala con forma de corazón unha dedicatoria con moito amor ao compi que lle tocara.
ENCANTOUNOS SENTIRNOS QUERIDOS E SABER QUE COUSAS BOAS VEN OS DEMAIS EN NÓS!!