Os alumnos de 5º e 6º realizaron unha andaina ata Santa Isabel cos enfermos de alzheimer do xeriátrico, todos desfrutaron con esta bonita iniciativa.
Curso 2018-19
O venres pasado, día 5 de outubro (San Froilán), o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha andaina ata Santa Isabel con maiores con Alzheimer do Xeriátrico.
Foi unha experiencia moi bonita e tenra; os cativos compartiron o camiño cos maiores, axudándolles, escoitándolles, acompañándolles... e a cambio recibiron moitos bicos, apertas, sorrisos e un grande agradecemento por parte dos maiores.
Con un pouquiño de retraso, eso si, pero con moita ternura e nostalxia colgo este video que foi confeccionado con moitas risas e diversión nos recreos para que sirva de recordo dos momentos pasados nas nosas clases de inglés. I'll NEVER forget you!!
Os alumnos de 5º de Primaria están a participar na Escola de Prensa do diario El Progreso. É un proxecto dirixido a fomentar o coñecemento da prensa e dos medios de comunicación que consistirá en elaborar durante todo o curso un xornal de 32 páxinas que incluirá tanto noticias da escola coma reportaxes ou entrevistas de interese.
Deixámosvos o video de presentación que fixemos.
O día 7 de maio os nenos de quinto de primaria foron de excursión a Santiago de Compostela. Unha visita que tiña como principal obxectivo coñecer o Parlamento de Galicia, o seu funcionamento e a súa importancia na nosa sociedade.
Antes de dar comezo á visita ao Parlamento, estiramos un pouco as pernas camiñando pola parte nova de Santiago. Alí atopamos unha curiosa coincidencia. Unha das rúas da cidade ten o mesmo nome que o colexio, Laverde Ruíz, así que sacamos unha foto para recordalo.
No parlamento visitamos as principais estancias e percorremos o edificio en silencio para non molestar aos deputados, que estaban debatendo no Pleno. Ademáis grazas a un vídeo muy ameno aprendimos moitas cousas do seu funcionamento. Para sorpresa de todos puidemos acudir un ratiño á sesión do Pleno. Unha visita moi completa que rematou cun regalo en forma de libro para cada un.
Despois da visita ao Parlamento xa chegou a hora de xantar, así que puxémonos a camiñar ata o Parque da Alameda, onde nos esperaba un bocadillo ben rico e sobre todo sol e tempo de lecer.
Alí os rapaces coñeceron ás famosas Marías e non quixeron virse sen inmortalizar ese momento. Elas, que teñen moita paciencia, aturaron moi ben o peso da fama e as súas labores.
Para descansar un ratiño de tanta camiñata sentámonos nas escaleiras de Platerías, onde os rapaces quedaron moi abraiados coas xoias expostas nas tendas. E de ahí fomos directos ao autobús, que o día foi intenso e xa ía sendo hora de regresar. Unha excursión didáctica, entretida e agradable a partes iguais.
Chegaron ao seu fin as ligas de tenis de mesa e bádminton para 5º e 6º de Primaria. Os resultados foron os seguintes:
Tenis de mesa 6º Primaria
Bádminton 6º Primaria
Tenis de mesa 5º Primaria
Bádminton 5º Primaria
Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria fixeron unha actividade sobre as personaxes que loitaron polos dereitos humanos.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |