Os nenos e nenas de 1ºA, na clase de Valores, despois de pasar un ano desde que tivemos que encerrarnos na casiña para protexernos do coronavirus, recordamos as emocións que sentimos por diferentes motivos durante ese tempo.
Para identificar e presentar cada unha delas, limos o conto de
O monstro de cores, mediante o cal puidemos pensar e identificar diferentes momentos do confinamento que nos produciron alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor.
Aquí colocamos as nosas fotos na emoción que sentimos ao chegar ao cole e cando pasa algo extraordinario e queremos reflexionar sobre como nos sentimos e como se senten os compañeiros.
Na clase de 6ºB de Infantil expresamos cando nos sentimos alegres, tristes,...
OS BOTES DAS NOSAS BÁGOAS
Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil recollemos as nosas bágoas con Simón e os monstruos das cores. Esperamos que vos gusten!
Outras actividades moi relacionadas con esa dinámica inicial do folio engurrado son as que levamos a cabo aproveitando o Día do Amor e da Amizade (14 de febreiro).
Este día, valoramos que cousas boas e, sobre todo, que persoas ocupaban un espazo no noso corazón: aquelas que nos axudan, coas que nos divertimos, as que nos dan cariño...
Ademais, tamén nos pareceu boa idea darnos aínda máis amor que de costume e dicirnos cousas bonitas uns aos outros, o que nos gusta dos demais, por que son especiais para nós... Para iso, fixemos o amigo invisible, no que cada un de nós debería escribir nunha mandala con forma de corazón unha dedicatoria con moito amor ao compi que lle tocara.
ENCANTOUNOS SENTIRNOS QUERIDOS E SABER QUE COUSAS BOAS VEN OS DEMAIS EN NÓS!!
Os nenos e nenas de 1ºA tamén estivemos traballando as emocións ao longo de todo o curso con diferentes vídeos, contos e actividades pero foi nestes dous últimos trimestres cando fixemos máis fincapé na educación emocional.
Para dar comezo a este proxecto de Eduemociona, levamos a cabo a dinámica O folio engurrado...
Con ela, démonos conta de que todo o que acontece ao longo da nosa vida, bo e malo, deixa unha pegada moi importante en nós, que incluso pode influír na nosa actitude e forma de ser. A verdade é que non deixou indiferente a ningún dos e das participantes!!!
Aquí vos deixamos a nosa experiencia...
Traballando as emocións, en 5ºA buscamos a maneira de facerlle fronte ao estrés: practicar a relaxación, escoitar música que nos guste, xogar, facer exercicio,...
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |