Iniciar sesión: Acceso
Eventos
|
Emotion boxesEMOTION BOXES OBXECTIVO: Recoñecer e interpretar as distintas emocións e producir oralmente en inglés o vocabulario e expresións relacionadas coas mesmas. NIVEL: 2º Primaria MATERIAIS:
Logo de repasar o vocabulario e expresións traballadas en sesións anteriores: I'm sad/scared/happy/angry..... desenvolvemos a actividade en dúas fases: - Repartimos entre os nen@s as distintas tarxetas e cada un deles e por turno terán que dicir en voz alta o sentimento que lles aparece na imaxe. A continuación, cada nen@ procederá a introducir a tarxeta na súa correspondente "emotion box". Para finalizar a actividade escolléronse a seis "captains" que serán os encargados de inspeccionar as "boxes" e comprobar que as tarxetas coas emocións se introduciron na caixa correspondente de forma correcta. - Repartimos de novo as tarxetas e dividimos a clase en seis grupos correspondentes á seis emotions que se traballaron no conto: LOVE - SADNESS - HAPPINESS - ANGER - FEAR - CALM Cada grupo reúnese en torno á cartulina da cor relacionada co seu sentimento: HAPPINESS/YELLOW; SADNESS/BLUE, .... e agrupamos e colocamos as distintas imaxes na cartulina correspondente como soporte gráfico da linguaxe dos sentimentos traballada. |