Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Comedor

Pago comedor escolar

 

PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

 

 

 

 

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

 

 

 

LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.

 

 

 

1.

Pagamento TELEMÁTICO a través da páxina web do espazo ABALAR

 

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben disponer da chave 365, dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL  da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/ , premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

 

 

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf. (É aconsellable gardar o xustificante de pago por se non se fan os pasos ata o final e non queda rexistrado na aplicación)

 

 

 

Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.

 

 

 

VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR

 

 

2.

 Pagamento TELEMÁTICO a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. 

PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.

 https://ovt.atriga.gal/

 

 

 

 O pago da taxa efectuase na plataforma ATRIGA a través dos seguintes menús, onde deberán cumprimentar os datos que figuran na carta de pago que recibiron do centro educativo:

 

A continuación, a ruta é: iniciar taxa àCandado aberto (acceso libre ao servizo) -> Iniciar taxa.

 

 

A continuación ábrese un formulario onde debemos cubrir, en menús despregables, os seguintes datos:

 

Consellería: Consellería de Educación, universidade e formación profesional

Delegación: Lugo

Servizo: Secretaría

Taxa: 352800-Comedores escolares.

Obxecto de pago: Poñer o nome completo da persoa que fai uso do comedor e o mes que se está a pagar.

A ingresar: Poñer o importe correspondente a pagar segundo os impresos recibidos do colexio.

Premer en seguinte e continuar cos datos identificativos do pagador e premer no botón de pago telemático.

 

A partir de aquí, iníciase o proceso de pago telemático que debe confirmar para entrar na plataforma de pago. Nesta, debe escoller o tipo de pago telemático, o modo tarxeta e o banco co que desexa facer a transacción.

IMPORTANTE: Só pode pagar con algún dos bancos que aparecen: ABANCA, Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora ou EVO Banco.

Se non ten conta nalgún deses bancos, tamén o pode facer, sempre que non sexa un importe superior a 50 euros e pagando unha comisión. Para iso, debe escoller calquera opción e proseguir co pago.

Unha vez efectuado o pago, ten que descargar un xustificante (exemplar para a administración) e envialo ao colexio.

3.

Pagamento PRESENCIAL nas entidades bancarias colaboradoras.

 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, mecanizada pola entidade bancaria.