O Club Lectura Arealonga

No curso 2019-2020 creouse o club de lectura do centro co obxectivo de homenaxear a unha poeta local chamada Sesé Mateo, asasinada pola violencia de xénero que conmocionou a localidade, deixando orfos os seus fillos que eran alumnos do centro. Así, nun principio chamouse Club de Lectura Sesé Mateo, para transmitir o seu legado literario ao alumnado do centro durante ese curso.

Posteriormente, nos cursos 2020-2021 (modalidade en liña); 2021-2022 (presencial e en liña) e a actual 2022-2023 pasou a denominarse Club de Lectura Arealonga, expresando o seu carácter local e comunitario e apertura.

O Club de Lectura Arealonga do CEIP de Laredo é  un club de lectura interxeracional no que partici-pan alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, profesorado e familias do CEIP de Laredo.

A súa principal finalidade é a de Fomentar o hábito lector no ámbito familiar dunha maneira transversal .

As actividades do Club de Lectura Arealonga forman parte do Programa Anual da Biblioteca do CEIP Laredo (PLAN Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia), mantendo colaboración coa ANPA Penedos do CEIP de Laredo e coa Biblioteca Pública Xela Arias de Chapela.

Entre os obxectivos para desenvolver polo club concretamos: 

• Facilitar a lectura guiada de textos literarios de tipoloxía diversa (novela, poesía e cómic) e textos de non ficción no ámbito familiar

• Facilitar o contacto directo dos lectores e lectoras cos autores e autoras e, no seu caso, cos tradutores e tradutoras dos textos

• Contribuír a valorar textos diversos para ser incluídos nos itinerarios lectores e nas maletas viaxeiras

• Contribuír a dinamizar a biblioteca escolar e a fomentar o seu uso por parte de toda a comunidade educativa

• Contribuír a dotación de fondos bibliográficos actualizados da biblioteca escolar

• Ampliar o repertorio bibliográfico do proxecto anual do centro para o curso 2021-2022 

• Desenvolver as competencias da comunicación dixital.

• Fomentar a lectura entre os homes do centro.

• Potenciar a aprendizaxe por e para as emocións e salientar na educación emocional.

PARTICIPANTES, COMPOSICIÓN E COORDINADOR DO CLUB.

Alumnado de 3º e 4º EP

• Coordinador: 

  • Don Manuel Bragado – Orientador do centro

• Profesorado colaborador: 

Doa Celsa Martínez (Titora de 3º EP) 

Dona María Carmen Marqués (Especialista Educ. Musical) 

ORGANIZACIÓN, HORARIO E FUNCIONAMENTO DO CLUB.

O club de lectura do centro está vertebrado por dous eixos complementarios: 

  • Eixo Alumnado:  Lectura autónoma ou guiada do alumnado co coordinador do club e profesores colaboradores reuníndose #se cunha periodicidade quincenal, os mércores de 16:00 a 17:00. E reali-zándose 16 sesións presenciais na biblioteca do centro (na actualidade, curso 2022-2023 a periodicidad é semanal. 
  • Eixo Familias-Alumnado: Con lecturas colaborativas con frecuencia mensual na que alumnado coas súas familias traballan sobre lecturas vinculadas á solidariedade e as emocións así como viven diferentes maneiras de “Ler”: Teatralizando, contando contos, vivenciando as lecturas, dramatizando.