Estimadas familias:
O próximo día 23 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía e, como cada ano, solicitamos a vosa colaboración para encher de “berros” un mural conmemorativo desta data colocado na entrada do cole e facer unha montaxe coas fotos que nos enviedes.
Animámosvos a que leades con atención o manifesto deste ano da AELG. O lema elixido é #cumpriuseaxustiza baseado no poema que se recolle no libro Follas Novas “A xustiza pola man”.
O que vos pedimos desta vez é unha imaxe (foto, debuxo,...) na que as familias saiades “berrando” pola xustiza social. Botádelle imaxinación, coma sempre. Deberedes envialas por correo electrónico á: bibliotecalamas@gmail.com
Na páxina da AELG poderedes atopar toda esta información:
O 23 de febreiro será o derradeiro día para recibir as imaxes. Un ano máis, animádevos a participar e moitas grazas pola vosa colaboración.
* No.pdf adxunto tedes algúns exemplos do que poderíades enviar. Podedes poñerlle texto.
Salvádeme, berrei. Axudáime, berrei, berrei, berrei...
(Rosalía de Castro).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
proposta.pdf | 239.92 KB |