ADMISIÓN ALUMNADO. PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Todo o alumnado que solicitou praza no CEIP LAMAS DE ABADE para o curso 2021/2022, nos distintos cursos, FOI ADMITIDO.

As instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado, indica no punto 7 o seguinte:

A exposición das listaxes provisionais para consulta polas familias só se poderá realizar de forma presencial única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio. E de forma non presencial a través da aplicación ADMISIONALUMNADO empregando a Chave365 ou certificado dixital.