Material para o primeiro día de clase

Os primeiros día de clase o alumnado de Primaria só debe traer o seguinte material:

  • Un estoxo
  • Unha libreta
  • Unha carpeta.

Os libros e resto de material non o traerán ate que avisen os titores/as.

O alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria, convenientemente, traerá unha bolsiña que poidan colgar do percozo para meter a máscara usada nos momentos que precisen sacala. Ademáis deben traer unha de reposto.

É importante que todo o alumnado traia auga en cantimplora ou botella para evitar que beban nas billas dos aseos.